ROTEIRO DAS PONTES DO LEREZ

O roteiro de sendeirismo “Pontes do Lérez”constitúe unha ruta de 28 km pola ribeira do rio Lérez ao seu paso polos concellos deCerdedoe Forcarei.

Os elementos de patrimonio máis significativos son as pontes que eran paso obrigado nos camiños medievais que unían os mosteiros e as importantes vilas de Santiago de Compostela e Ourense; a riqueza etnográfica e arquitectónica constituída por eiras de hórreos, muíños, lavadoiros, ermidas, antigas minas, capelas, torres, cruceiros… todos eles proba das raíces históricas e sinal do protagonismo da pedra e do traballo dos canteiros.

O roteiro constitúe un percorrido pola ribeira dos tramos medio e alto do rio Lérez. Este río ten o seu nacente a 900 m de altitude na Serra do Candán, onde as precipitacións poden acadar os 2.300 mm, concentradas no inverno e no outono. Estas achegas fan do Lérez un río poderoso, con augas limpas e moi osixenadas, ricas en invertebrados acuáticos e insectos que son depredados por troitas (Salmo trutta fario), merlos (Cinclus cinclus) ou o martin pescador (Alcedo athis). Sempre preto da auga é posible observar tres especies endémicas do noroeste da Península ibérica, como son a píntega rabilarga (Chioglossa lusitanica), a ra patilarga (Ra iberica) e o lagarto da auga (Lacerta schreiberi).

O río Lérez conta na práctica totalidade do seu percorrido coa protección dun bosque de ribeira de amieiros (Alnus glutinosa) e salgueiros (Salix atrocinerea), acompañados do fento real (Osmunda regalis). Nalgúns enclaves de relevo accidentado persisten pequenos bosques onde a árbore predominante é o carballo común (Quercus robur). Esas fragas caracterízanse pola presenza de perennifolios como loureiros ((Laurus nobilis), hedras e acivros (Ilex aquifolium).

Ao longo da ruta podemos atopar tres das agrupacións máis importantes de hórreos de Galicia (unha clase de celeiros que servían para o secado do millo e almacenaxe): “Eira Grande” en Pedre, Filgueira e a “Eira da Pena” de Cerdedo.

Nas proximidades do roteiro descubrimos as capelas de San Bartolomé, de Pego e de San Antón, todo no marco natural das terras do interior pontevedrés, onde o contraste topográfico enriquece a paisaxe.
Penetrándonos na ruta descubrimos numerosos muíños, aproveitando fórza da auga, obtíñase fariña de cereais como o trigo, o centeo e, principalmente, o millo. Podemos econtrar ademais muíños de batán que servían para compactar a la de mantas e prendas de vestir.

Nas proximidades da rota atópase o Mosterio de Santa María de Acibeiro, obra románica do século XII, coa sua antiga feira, o Castro de Loureiro, a Torre Alarma de Castrelo do século XV, o conxunto arquitectónico de Pedre, as capelas de San Bartolomé, do Pego e San Antón, todo no marco natural das terras do interior pontevedrés, onde a contraste topográfica enriquece a paisaxe.

1- Ponte románica de Pedre
2- Ponte Nova de Pedre
3- Ponte de Vichocuntín
4- Ponte Nova de Cerdedo
5- Ponte de San Antón
6- Ponte Valoutas
7- Ponte Pego
8- Ponte Parada
9- Ponte Gomail
10- Ponte Nova de Forcarei

11-Ponte Vella de Forcarei
12- Ponte Maril
13- Ponte Valiñas
14- Ponte do Crego
15- Ponte Carballa
16- Ponte Nova de Andón
17- Ponte Vella de Andón
18- Ponte das Codeseiras
19- Ponte Vella do Forno
20-Ponte Vella do Rabadelo

ROTEIROS

Roteiro dos Tres Vales

O roteiro ten unha lonxitude de aproximadamente 11 kms.Comenza na Igrexa de Carballedo e pasa por lugares dendeos que se pode observar o val de Carballedo, o val do Lérez e o val da Ría de Pontevedra (de ahí o seu nome). Neste roteiro poden observarse manifestacións das sociedades humanas máis representativas do noso pasado:megalitismo, idade de bronce e castrexo.

Roteiro de Sabugueiro

Ten unha lonxitude aproximada de 3,6 kms, cun percorrido dunha dúas horas, sendo a dificultade media.O inicio é na Casa do Pobo de Os Lourenzos, pásase pola carballeira do Quinteiro de Arriba, o Priorato, a ermida de San Brais, o Sabugueiro e volta a os Lourenzos.

Roteiro de Augasantas

O roteiro ten unha lonxitude de 5,5 kms. Comenza na Igrexa de Aguasantas e pasa polos siguientes lugares: cruceiro de Boliño, muíño da Ponte, petroglifo de Porteliña da Corte, Casa Grande de Calvelle, Peto de Barazal, muíño de Navalciño, Pazo de Campodanta, Capela de Famelga, muíño do Vento e Castro de Famelga.

Roteiro das Buratas (Rebordelo)

Ten unha lonxitude aproximada de 3.6 kms cun percorrido dunhas dúas horas, sendo a dificultade media.O inicio está no arboreto de especies autóctonas enfrente do campo de fútbol, que está na carretera PO-233, pasa pola beira do río Almofrei ata chegar á área recreativa O Pozo Negro. Durante todo o sendeiro, pásase por unha gran cantidade de muíños.

RUTAS BTT

Ruta BTT de Caroi

Distancia: 35 kms
Dificultade: Media-Alta
Duración: 4-5 horas.
Percorrido: Centro BTT de Carballedo-Ermida de San Brais-Caroi-Capela de Santa Mariña-Meixueiro-A Igrexa (Carballo)

Ruta BTT de Carballedo

Lonxitude aproximada: 27 kms
Dificultade: Media. Ruta fácil por tramos, pero bastante complicada noutro, pola presenza de moita pedra, en zonas removidas polo paso das empresas madereiras.
Duración aproximada: 3-3´5 horas.
Cómo chegar: Pola N- 541 (Pontevedra-Ourense), dende Pontevedra ata Ponte Bora dende onde parte
unha carretera a Carballdo (12 kms). Se se ven dende Ourense, en San Xurxo de Sacos xa se pode tomar un desvío a Carballedo por Cuspedriños, a uns 10 kms do cruce da N-541.

Percorrido:
A saída prodúcese dende o centro BTT de Carballedo, no pequeno estacionamento detrás do concello, xunto á caixa de aforros. Tras pasala capela de San Roque, comenza a nosa aventura circulando por pistas cómodas no entorno de Carballedo hacia o lugar de Paraños. Despois de atravesar o lugar, tómase a carretera PO-232 hacia Cuspedriños durante un par de kilómetros, ata que nos saímos pola dereita á pista ancha coincidindo así con parte do trazado da ruta irmán de BTT Viascón.

A pista gaña altitude con rapidez e continuamos pola extensa pista principal o que nos abre boas perspectivas panorámicas dos arredores. Rodamos un longo tramo serpenteando polos estribacións do Monte Arcela ata alcanzar un tramo de asfalto que nos acerca á parroquia de Vila de Arriba, o lugar de O Agro concretamente.

Dende alí, frente á entrada dunhas casas, tomanos unha pista que primeiro descende un pouco, e logo ascende con ganas ao Coto do Ceo, e o agravante de que , entre o paso dos vehículos das madereiras e os temporais, hai moita pedra solta e de bon tamaño.

Cruzamos o Regueiro da Freixa, e o Canceliño, nun corto prazo unha vez chegados a zona máis chan, pero coidado neste último que o rudimentario pontón que o salvaba está roto por zonas . Máis adiante atravesamos unha valla xunto á caseta de pastor para chegar a unha pista de asfalto. A sinal indícanos dereita, pero antes tomamos ao contrario a derivación á moi cercana Capela do Santo Anxo da Guarda, no lugar de O Cádavo

Volvemos sobre as nosas rodadas o corto tramo derivado, e seguimos pola pista pavimentada de gravilla durante uns dous kms, e a esquerda tomamos a derivación para subir ao mirador do Monte Coirego, ben sinalizada.

Realizada a visita, damos marcha atrás ata a pista asfaltada, que temos que cruzar para entrar na ancha pista de terra ben visible ao outro lado. Temos un treito longo, por esta pista sinxela que bordea o Monte Albagueira ata unha explanada aberta na que deixamos a pista principal para baixar unha trialera ata o lugar de Ponte Acibal. Aquí pódenos surxir algunha duda, pois xunto aos abrevaderos hai sinal de confirmación pero a zona por onde iba a pista foi roturada e o certo é que hai que facer un tramo a ollo pois non hai rodeiras nin marcas claras da pista.

As árbores solitarias ao frente e á esquerda pódennos servir como referencia e, ao chegar á zanxa que corta todo o prado, xa vemos por onde está o único paso posible. Nada máis salvar a zanja, sigue a pista entre arbusto baixo, pouco visible pois apenas está pisada, inda que uns metros, adiante hai unha confirmación de ruta que nos da tranquilidade e ao pouco, o chan de herba vese transformado claramente na antiga calzada de pedra plana que foi.

A calzada serpentea, e logo descende ofrecéndonos boas vistas da parroquia de Carballedo (S. Miguel), dende o Mirador da Fonte da Ecua. Ao terminar a calzada, chégase a un cruce que de frente acercaríanos ao visible Muíño da Igrexa, inda que a ruta continúa pola dereita ata enlazar coa carretera de Caroi. De alí só resta baixar ao Centro BTT de Carballedo tras un par de cruces e a nosa ruta chegará a súa conclusión.

Ruta BTT Viascón

Distancia aproximada: 20 kms
Dificultade: Alta. Ruta larga con varios tramos trialeiros de pedras grandes, en algún caso casi impracticable. Salvando esto, a ruta é moi bonita pola súa diversidade: monte alto con vistas, bosque, sendeiros ribereños moi salvaxes (en desuso)…
Duración aproximada: 3 ´5-4 horas
Cómo chegar: Pola N-541 (Pontevedra-Ourense), dende Pontevedra ata Ponte Bora, dende onde parte unha carretera a Carballedo (12 km). Si se ven dende Ourense, en San Xurxo de Sacos xa se pode tomar desvío a Carballedo por Cuspedriños, a uns 10 km do cruce da N-541.

Percorrido:
A saída prodúcese dende o centro BTT de Carballedo, detrás do concello, xunto á caixa de aforros.
Baixamos hacia o concello, e dende alí torcemos á dereita hacia a piscifactoría. Nada máis rebasala, xírase hacia Paraños e ao pouco xa iniciamos as primeiras pistas. Ao principio asumimos tramos fáciles pechados de xestas, pero pronto aparécennos as primeiras trialeiras que poñen a proba a nosa destreza subindo pola fonte das ratas.Enganchamos un tramo corto de asfalto na carretera PO-232 compartindo dende este punto o traxecto coa ruta BTT de Carballedo. Ignorando o desvío pola estrada a Viascón e Cabanelas, entramos en pista de terra moi pisada (coincidencia con sendero GR-94), , alcanzando altitude rápidamente, o que permite as primeiras vistas panorámicas.

Nunha recta ancha, a pouco máis dun km de iniciar a subida, despedímonos da ruta irmán de Carballedo. A última baixada acércanos á poboación de Cuspedriños, xunto o seu campo da feira, e un merendeiro recentemente preparado.

Dirixímonos agora hacia Viascón, baixando polo Coto Ramalloso e o Monte Meán, cunhas bonitas vistas do val do río Lérez. En pleno descenso por pistas anchas atopámonos co sendeiro PRG-68 A Vía Escondida , e á par del continuamos por zona boscosa de eucaliptos ata atoparnos co camiño pavimentado A Verea Vella, onde despedímonos do PRG ( polo momento) e iniciamos descenso a Viascón pasando polo lugar de A Bouza.

Crúzase a N-541 por viaducto, e pouco antes da igrexa parroquial de Santiago e o cemiterio hai que xirar á dereita e tomar unha pista de terra que nos irá acercando ao lugar de A Atalaya. Dende alí, un lixeiro descenso entre muro baixo, acércanos á ponte da carretera de Campo Lameiro. Tras un breve paso por asfalto, adentrámonos por unha pista estreita bastante rota hacia o Rego da Veiga Grande.Aquí, recoméndase tomar unha corta derivación do recorrido, que nos acerca á ponte medieval.De este punto para o camiñante, parte unha derivación da ruta de sendeirismo para ver os petroglifos de Fentáns.

Voltando sobre as nosas rodadas, teremos que facer un último esforzo, sempre por chan pavimentado, ata chegar ao final da nosa ruta. Primeiro subimos polo lugar de O Castro e Fontán, ata a N-541 que pasaremos por debaixo, e xunto ao supermercado, tomamos pista pavimentada que en un suspiro, póñenos en línea coa carretera PO-232. Un tramo longo, de casi 2 km, sitúanos de novo en Cuspedriños, onde conclúe a ruta propiamente dita. No caso de ter que volver ao centro BTT, por ter alí o vehículo portador de bici, debemos continuar por esta carretera PO-232 e o chegar ao cruce coa carretera de Caroi xirar á dereita hacia Carballedo.

Ruta BTT Tenorio

Distancia aproximada: 35 kms
Dificultade: Media. A maioría do traxecto é por pistas pisadas en aceptable estado, tan só pequnos tramos, con algunha trialeira, e un tramo xunto ao río con bastante pedra e barro .
Duración aproximada: 3´5 horas
Cómo chegar: Pola N-541 (Pontevedra-Ourense) dende Pontevedra ata Ponte Bora, dende onde parte unha carretera a Carballedo (12 kms). Si se ven dende Ourense, en San Xurxo de Sacos, xa se pode tomar desvío a Carballedo por Cuspedriños, a uns 10 kms do cruce da N-541.

Percorrido:
A saída prodúcese dende o centro BTT de Carballedo, no pequeno estacionamento detrás do concello, xunto á caixa de aforros. De alí baixamos ata o concello , cruzamos a carretera xeral e comenzamos a aventura. Enseguida apreciamos a beleza do río Almofrei na primeira ponte que atravesamos. Logo, pistas fáciles lévannos ás piscinas fluviais de Pozo Negro e a área recreativa cercana ben arbolada.

Tras un breve paso por asfalto, a ruta segue polas pistas de concentración parcelaria e pasa cerca da capela de San Roque no lugar de O Sabugueiro, e o camiño levaranos á parroquia de Ponte Borela, dende onde continuamos por carretera ata A Xesteira. De alí nos trasladamos ata Vilanova, pasando polo artístico Cruceiro das Chans.

Adentrámonos nos montes de Tenorio, e o recorrido acércanos ó centro de Tenorio, por carretera no último tramo.

Subimos ata o Monte Castelo pasando pola igrexa e mosteiro de San Pedro Deixando atrás a igrexa, comenza a subida eó lado dun pequeño merendeiro, comenza a pista de subida ó Monte Castelo.Baíxase ata as casas máis altas da aldea de Rascadería. De aquí, baixamos ata o cruce coa carretera xeral de Pontevedra a Carballdeo e iniciar o regreso ata o centro BTT trala casa consistorial.

SENDEIROS

Longitud: 15,8 km (14,3 km la ruta principal y 1,5 km la derivación de ida y vuelta)
Punto de partida/llegada: Carballeira de San Xusto en San Xurxo de Sacos.
Recorrido: Carballeira de San Xusto, Baños de San Xusto, Ponte Nova, Fentáns, Ponte Nova, Cutián, Fontán, San Xurxo de Sacos y carballeira de San Xusto. Hay una derivación desde Cernadelo hasta el petroglifo de A Laxe das Rodas.

El sendero de San Xusto PRG-29, sigue, en su mayor parte, por antiguas calzadas empedradas y caminos rurales.

La riqueza de la vegetación es extraordinaria: bosques de ribera y algunos bosquetes caducifolios autóctonos. Son frecuentes los robles, castaño, abedules y pinos, así como zonas de vegetación densa (helechos, enredaderas, carrizo, etc.) en la vera del río Lérez y de otros pequeños regatos.

A lo largo del recorrido se pasa por 8 molinos (la mayor parte de ellos en mal estado de conservación), cuatro de ellos en Baños de San Xusto, dos en San Xurxo, uno en Cutián e el Muíño do Medo.

El camino comienza en la capilla de San Xusto, y desciende hasta los baños de San Xusto.

Seguimos por la vera del río, hasta llegar a Ponte Nova, que nos permitirá cruzar el río Lérez. En este punto podríamos volver por Cutián en un recorrido circular hasta llegar al punto de inicio, o continuar y cruzar a Fentáns, para admirar los petroglifos tallados por artistas de hace 3.000 y 4.000 años (Laxe das Ferraduras, Laxe dos Cebros, Coto do Rapadoiro y otros).

Longitud: 17 km
Punto de partida/llegada: Viascón, en un punto próximo al Hotel restaurante Manolo.
Recorrido: N-541 Viascón, carballeira da Portela, puente de San Xián, carballeira de Carbalinchán, puente de Rexedoiro, molino Bouza do Mogo, puente de San Xián, piscina fluvial de Cabanelas, Muíño Novo, desvío a los petroglifos das Coutadas, fuente de Natoal, mirador del Coto do Ramalloso, bosquete, petroglifo de Laxes, Ponte-Atalaia, Fonteseca, río Lérez, A Igrexa, carballeira da Portela e N-541 Viascón.

La ruta discurre en su mayor parte por senderos al borde del río y algunas pistas forestales.

Al principio tenemos que seguir a la carretera a Cabanelas durante un tramo corto, pero pronto nos desviamos por una pista de tierra jacia a Carballeira da Portela.

Bajamos por las pistas de concentración parcelaria hacia el río. Antes de cruzar el puente se toma un pequeño sendero ribereño con restos de los molinos abundantes en la zona, y del sistema de regadío antiguo.

Tras cruzar el puente, el camino discurre entre zonas de pasto acotadas hasta la aldea de Cabanelas, piscinas fluviales y área recreativa, que esconden unas atractivas pozas para el verano. Podemos seguir a la derivación hasta el petroglifo “Laxe das Coutadas”, uno de los más interesantes de todo el municipio.

Ascendemos por una pista de subida pronunciada que nos llevará cerca de la cima del Coto Ramalloso.

Tras el descenso llegamos hasta el petroglifo “Portela da Laxe”.

Acabamos la ruta corta, en el lugar de la iglesia y rectoral de Santiago en viascón.

De allí, parte un pequeño sendero circular hacia a Atalaya, con buenas vistas y bordeando el río Lérez, con retorno de nuevo a la zona de la iglesia, desde donde regresaríamos al punto de partida.

A Ruta FREI MARTÍN SARMIENTO é un sendeiro circular clasificado como de pequeno percorrido, cunha distancia total de 11 Km 846 m, tendo o seu punto inicial e final no casco urbano de Cerdedo, para dirixirse ó Monte Seixo que é a parte máis alta. (Desnivel ascendente 405m / Desnivel descendente 400 m). Dificultade media.

Comenza pois este sendeiro, na rúa da Torrente e baixa por unha antiga calzada mediaval, onde se atopa o Río Castro, que cruzamos a través da Ponte romana de San Antón, para chegar a capela do mesmo nome e o cruceiro, de seguido dirixímonos a aldea de Lourido, nesta subida entre antigos muros de pedra, atopámonos nun frondoso bosque autóctono de carballos e castiñeiros, o que fai desta zona un lugar paradisíaco e cunhas impresionantes vistas panorámicas.

O chegar a Lourido, aldea coas típicas vivendas de pedra do rural galego, horreos, eirado e capela de Sta. Catalina (S. XVIII), comenzamos a baixar cara a aldea da Revolta por un camiño sombrío e moi agradable para o paseo e disfrute da natureza e chegamos o lugar de Cabenca onde temos duas opcións: unha por un camiño entre os campos, e outra polo medio da aldea destacando nesta, dous carballos centenarios e tamén segundo a lenda popular a casa onde foi enxendrada Rosalía de Castro; ó final da aldea atopamos a Capela de San Salvador (S.XVI).

Seguimos o camiño cara a aldea de Meilide, neste tramo destaca a ponte que cruza o Río Sillar que xunto coa vexetación de ribeira, fan un fermoso pecorrido. Pero o que realmente destaca e a casa na que habitou Frei Martín Sarmiento, rematando o tramo na Capela da Virxe de Loreto (S XVIII). Seguimos ascendendo ata chegar ó lugar de Carballás, situado preto da cima do monte Seixo, típico lugar do rural galego, que nos da unha idea das difíciles condicións de vida que sufriron os nosos antepasados e as duras condicións climatolóxicas. Nesta aldea destaca o Cruceiro da Capela, a capela da Inmaculada Concepción e unha fonte que favorece un alto no camiño.

Chegado a este punto, comenzamos o descenso cara a aldea de Barro e de esta, a Arén, neste tramo é de destacar a vexetación, e os antigos camiños. Xa na aldea de Barro atopámonos con dous lavadoiros con fonte, horreos e en Arén se nos desviamos un pouco pódense visitar tres antigos muiños. Desde aquí seguimos o camiño por un tramo entre os campos e chegamos a Ponte Piñoa para dirixirnos a Area recreativa e deseguido subir o conxunto arquitectónico composto por: igrexa de San Xoan Bautista, cemiterio, cruceiro, praza e casa rectoral, o que pon fin a esta fermosa ruta.

Ruta en la búsqueda del “Foxo do Lobo”, elemento que tenía como finalidad darle caza al lobo en el pasado. Está compuesto por dos altos muros de cachotería, de gran longitud dispuestos a modo de embudo, de este modo los lobos eran dirigidos en una batida, mediante ruido y fuego, cara al punto donde estos muros se estrechaban, dejando un pequeño paso y como única salida un pozo circular levantado también en piedra.

El sendero discurre por las parroquias de Carballedo (muíño do Lombiño, piscina fluvial da Chan), Rebordelo (aldea de Sabugueiro, ermita de San Brais), Loureiro (Aldea de Arufe, Igrexa, muíño dos Pasos, muíño do Beseiro, muíño da Portalaza, batán de liño), Corredoira (Ponte Serrapio, Foxo do Lobo). Tiene una longitud de 10,5 km, con una dificultad media. Se accede al lugar de A Chan en Carballedo, desde Pontevedra mediante la carretera PO-233, que enlaza con la N-541 a la altura de Bora.

O sendeiro ten unha lonxitude de 12 km, e discorre por zonas de grande interese ecolóxico, así como por zonas de grande riqueza artística e cultural: petroglifos, cruceiros, pontes, casas labregas, fontes, hórreos.O inicio da ruta comenza na denominada Volta do Galo, onde se atopa a Casa da Cultura de dito lugar.O seu percorrido é o seguinte: A volta do Galo, o Adro, Vila da Riba, Capela de San Lourenzo, A Volta do Galo, Dorna, A Volta do Galo.

Sendeiro circular de algo máis de 13km aproximadamente pola ribeira do rio Seixo e as saias do Monte do Seixo no LIC Serra do Cando. A duración do roteiro dura aproximadamente 4 horas.

Comeza o sendeiro na aldea de Cabenca, ata alí podemos chegar en coche con bos accesos. A Capela de San Salvador (s.XVI) é o primeiro punto histórico que podemos visitar. Unha vez abandonamos a aldea de Cabenca collemos un camiño que se adentra en fermosas paraxes nos bosques autóctonos de carballos e castiñeiros que acompañan ao rio Seixo no seu percorrido no que atopamos algunhas pozas de auga nas que gozar dun baño e numeros muíños agora en desuso.

Alcanzada a aldea de Cavadosa, atopamos unha fermosa fervenza con varios muíños. O máis grande o atopamos neste punto. O muíño conta cunha parte adicada á moenda e outra na que se desenvolvían as actividades de serrería e ferrería.

A continuación nos diriximos por un sendeiro que discorre por amplios camiños á beira dos cumios do Monde do Seixo onde gozar de espectaculares panorámicas do Concello cargadas de matices de cores pola vexetación da zona.

Unha vez descendemos dos cumios, chegamos á aldea de Meilide onde atopamos a Capela da Virxe de Loreto (s.XVIII) e a casa de Frei Martin Sarmiento. Finalmente dirixímonos cara Piñoa, pasando ao carón da Hermida de San Salvador e regresamos a Cabenca.

Máis información

Recurso Contencioso administrativo Campo das Rosas- Estimación de medidas cautelares solicitadas.

Marzo 2024  PSS - PO 7224/2023 - TSXG CONT/AD SECC 3 - CONCELLO DA ESTRADA E CONCELLO CERDEDO COTOBADE Medida cautelar de suspensión de la ejecutividad. Anexo Auto estimando as medidas cautelares solicitadas. Setembro 2023 Á SALA DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA IAGO MARTÍNEZ NÚÑEZ, Procurador dos Tribunais e do [...]

Sondaxes manuais avaliativas para a posta en valor do CASTRO DA CIVIDÁ

O Concello de Cerdedo Cotobade a través dun convenio coa Xunta de Galicia, promoveu durante o mes de Outubro e Novembro a posta en valor do Xacemento do Castro da Cividade e do Petróglifo da Pedra dos Mouros. O xacemento arqueolóxico denominado Castro de Sacos ou A Cividá (GA36012030), trátase dun poboado fortificado da Idade [...]

Interposición Recurso Contencioso administrativo Parque eólico Os Cotos

Á SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA IAGO MARTÍNEZ NÚÑEZ, Procurador dos Tribunais e do CONCELLO DE CERDEDO-COTOBADE, segundo se acredita co documento nºl e nº2 respectivamente que se achega con este escrito, perante esta Sala comparezo, e como mellor proceder en Dereito, DIGO:...   Recurso.

Resolución información pública modificación solicitude utilidade pública e necesidade urxente ocupación parque eólico dos cotos

Hoxe día 28.12.2023 sae  publicada no DOG a RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a modificación da solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, e da necesidade de urxente ocupación que iso implica, do proxecto do parque eólico dos Cotos, sito [...]

CONVENIO DE COLABORACIÓN-MELLORA DA SENDA DE SANTA MARÍA DE SACOS

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE NATURGY RENOVABLES S.L.U. E O CONCELLO DE CERDEDO-COTOBADE PARA A “MELLORA DA SENDA DE SANTA MARÍA DE SACOS”  O Concello de Cerdedo-Cotobade ven de asinar un convenio de colaboración coa empresa NATURGY RENOVABLES S.L.U. para a realización dos traballos de mellora duna ruta de sendeirismo localizada na parroquia de Santa María [...]

Roteiro Saudable de Quireza

Roteiro Saudable de Valongo

Roteiro Saudable de Vilanova

Roteiro Saudable de Aguasantas

Roteiro saudable Cerdedo

Roteiros saudable Carballedo

Roteiro saudable de Almofrei