Contacto Serv. Sociais Cerdedo
Email: sersoce@cerdedo-cotobade.gal
Teléfono: 986 753 006
Atención ó público: Luns a Venres (excepto Martes): 09:00 a 14:00
Contacto Serv. Sociais Carballedo
Email: sersoco@cerdedo-cotobade.gal
Teléfono: 986 760 001
Atención ó público: Martes e Venres de 09:00 a 14:00
Información
O departamento de servizos sociais desenvolven distintos programas e facilitan o acceso das persoas aos recursos sociais existentes nas diversas áreas: inclusión social, persoas maiores, dependencia, discapacidade, familia e infancia, mulleres, migracións,…
Debido á problemática de marxinación social, desemprego crónico, familias monoparentais sen ingresos, conflitos e falta de entendemento pais-fillos, conflitos matrimoniais, etc… é necesario un traballo continuado.
O procedemento a seguir leva implícito a intervención coas familias no seu propio domicilio, a elaboración de propostas segundo a problemática (colaborando sempre que sexa posible con outros recursos da zona), orientación e asesoramento en distintos temas, e por último seguimento do desenvolvemento da familia cara á súa autonomía.
- Solicitude Cama Articulada
- Solicitude de Recoñecemento da Situación de Dependencia
- Solicitude Pensión Xubilación Non Contributiva
- Solicitude Recoñecemento de Discapacidade
- Solicitude Servizo de Axuda no fogar
- Solicitude Tarxeta Estacionamento
- Solicitude Teleasistencia Domiciliaria
- Solicitude Titulo Familia Numerosa
- Solicitude xanta no teu Fogar
- Ordenanza Camas articuladas
- Ordenanza Fiscal Teleasistencia
- Ordenanza SAF
Servizos Sociais. ¿Que son?
- Os Servizos Sociais son o conxunto coordinado de prestacións, programas e equipacións destinado a garantizar a igualdade de oportunidades no acceso á calidade de vida e á participación social de toda a población. (Lei 13/2008, de 3 de dicembro de Servizos Sociais de Galicia).
- Os Servizos Sociais Municipais son o sistema de protección social máis cerca da ciudadanía e do seu ambiente familiar e social. Teñen como obxecivo principal prestar axudas que favorecen a participación, integración e benestar social das persoas, especialmente de aqueles que están ou corren risco de estar en situación de carencia ou marxinación.
Dende os Servizos Sociais desenvolvemos as seguintes funcións:
- O estudo e diagnose social da comunidade, que implica a detección e análise de necesidades e demandas, explícitas e implícitas, no seu ámbito de intervención.
- A elaboración dun plan de intervención comunitario acorde coas necesidades detectadas ou anticipadas na diagnose social.
- A identificación de grupos de poboación vulnerables e a detección precoz de situacións de risco para o desenvolvemento de actuacións de carácter preventivo e de promoción social.
- A atención das situación individuais, a información en relación ás demandas presentadas, a diagnose e valoración técnica previa e a consecuente intervención no caso, que incluirá, cando sexa convinte, a derivación cara o recurso idóneo dentro do sistema galego de servizos sociais ou a outros sistemas de benestar ou a asistencia nos trámites necesarios para acceder a outros recursos.
- A participación na xestión das prestacións económicas e o seguimento dos correspondentes proxectos personalizados de intervención nos termos establecidos na normativa específica en materia de inclusión social.
- A xestión do servizo de axuda no fogar, así coma a participación na xestión das prestacións destinadas a garantir a autonomía persoal e a atención á dependencia, nos termos establecidos na normativa que resulte de aplicación.
- A información, orientación e asesoramento a toda a poboación, facilitando o acceso aos recursos sociais.
- O fomento da participación activa da cidadanía mediante estratexias socioeducativas que impulsen a solidaridade e a cooperación social organizada.
Os Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Cerdedo-Cotobade, como parte do Sistema Galego de Servizos Sociais, fundaméntase nos seguintes principios:
- Universalidade.
- Prevención.
- Responsabilidade pública.
- Igualdade.
- Equidade e equilibrio territorial.
- Solidaridade.
- Acción integral e persoalizada.
- Autonomía persoa e vida independente.
- Participación.
- Integración y normalización.
- Globalidade.
- Descentralización y cercanía.
- Coordinación.
- Economía, eficacia y eficiencia.
- Planificación.
- Evaluación y calidad.
Recursos e Programas
RECURSOS POR ÁREAS
- Inclusión Social
- Maiores
- Dependencia
- Discapacidade
- Familia e Infancia
- Mulleres
- Migracións
- Población en Xeral
PROGRAMAS BÁSICOS
- Programa de Orientación, Asesoramiento e Información
- Programa de Axuda no fogar
- Programa de Inserción Social
- Programa de Animación, Prevención e Cooperación Social