Sondaxes manuais avaliativas para a posta en valor do CASTRO DA CIVIDÁ

O Concello de Cerdedo Cotobade a través dun convenio coa Xunta de Galicia, promoveu durante o mes de Outubro e Novembro a posta en valor do Xacemento do Castro da Cividade e do Petróglifo da Pedra dos Mouros.

O xacemento arqueolóxico denominado Castro de Sacos ou A Cividá (GA36012030), trátase dun poboado fortificado da Idade Ferro localizado na parroquia de San Xurxo de Sacos, no lugar da Cividá, composto por un recinto de tendencia oval e orientado N-S, cunha ampla terraza polo Norte; cara o Leste hai terrazas e fosos, e na parte superior hai unha especie de croa delimitada por unha muralla.

Na cara exterior do parapeto do primeiro recinto do castro, no lado sur, localízase unha lousa de granito con gravados rupestres cunhas dimensións aproximadas de 16 x 4,50 metros visibles, a denominada Pedra do Mouros ou Eira dos Mouros (GA 36012076), gravados rupestres declarados Ben de Interese Cultural, segundo o Decreto 3741/1974, do 20 de decembro, polo que se declaran monumentos histórico-artísticos de carácter nacional os gravados rupestres existentes na provincia de Pontevedra (BOE núm. 59 do 10.03.1975), neste decreto aparece coma o número 49 no concello de Cotobade, parroquia de Xurxo de Sacos, no Castro da Cividá, “Pedra dos Mouros ou Eira dos Mouros”. Os motivos gravados son cazoletas, círculos concéntricos, círculos simples, reticulados, óvalos, cruces, e outros motivos, segundo o calco de R. Sobrino Buhigas.

O Castro da Cividá está incluído no Catálogo da NSPM do concello de Cotobade (2019), e ao igual que o petróglifo de Pedra dos Mouros no Plan Básico Autonómico. En base ao establecido no artigo 30 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (DOG núm. 92, do 16.05.2016) estes bens intégranse no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia.

O Concello de Cerdedo Cotobade, tras esta primeira actuación, procura agora avanzar na posta en valor do lugar, pero para elo, considerase necesario coñecer ata que punto se poden conservar estruturas no lugar do castro, cal pode ser o seu estado, e de que cronoloxías e materiais poderíamos estar falando, antes de promover unha escavación maior. Por elo, este proxecto ten de momento o obxectivo exclusivo de realizar unha serie de sondaxes no interior do castro de cara poder botar luz sobre estes aspectos, e coñecer mais da estatigrafía do xacemento.

PROXECTO Castro da Cividá

Resolución (Autorización)  de Patrimonio