Hoxe día 28.12.2023 sae publicada no DOG a RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a modificación da solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, e da necesidade de urxente ocupación que iso implica, do proxecto do parque eólico dos Cotos, sito no concello de Cerdedo-Cotobade da provincia de Pontevedra (IN661A 2011/18-4)
Dáselle publicidade para que os veciños teñan coñecemento xa que a documentación exposta está referida á RBDA (Relación de Bens e Dereitos Afectados) polas instalacións do Parque eólico.
Os afectados deberán comprobar se os datos catastrais e de titularidade son correctos, o seu grado de afectación e formular as alegacións pertinentes no caso de que o consideren oportuno, para o que disponen dun prazo de trinta días hábiles.