CONVENIO DE COLABORACIÓN-MELLORA DA SENDA DE SANTA MARÍA DE SACOS

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE NATURGY RENOVABLES S.L.U. E O CONCELLO DE CERDEDO-COTOBADE PARA A

“MELLORA DA SENDA DE SANTA MARÍA DE SACOS”

 O Concello de Cerdedo-Cotobade ven de asinar un convenio de colaboración coa empresa NATURGY RENOVABLES S.L.U. para a realización dos traballos de mellora duna ruta de sendeirismo localizada na parroquia de Santa María de Sacos.

A citada ruta atravesa en diferentes tramos os terreos do Monte Comunal de Santa María de Sacos e tamén varios núcleos de poboación.

A senda da parroquia de Santa María de Sacos ten unha lonxitude total de 12.256 m. A ruta é circular, dende a casa do pobo, pasando por varios núcleos de poboación e os terreos do Monte Comunal de Santa María de Sacos, retornando finalmente á casa do pobo. A senda tamén ten varios tramos de ida e volta cara puntos específicos de interese, como poden ser mámoas ou petróglifos, carballeiras ou un miradoiro no Río Lérez.

A maior parte da senda vai por estrada, pista asfaltada ou polas diferentes pistas do monte comunal, polo que o trazado da senda está todo aberto, e non se require ningún tipo de movemento de terras.

Os traballos a realizar consistirán na roza manual con motorrozadora en ruta de sendeirismo con ancho de 3 m, subministro e colocación de bancos e mesas de madeira, colocación de paneis e sinalización indicativa ao longo da ruta.

 

Documento