O Concello de Cerdedo Cotobade recibe unha subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para contratar unha persoa beneficiaria do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil para as dependencias municipais, por 9 meses e por un importe de 16.902,64 €
O Concello informa de que a presente axuda está cofinanciada nun 60 % pola Unión Europea, no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027 dentro do obxetivo político 4: “Unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do Piar Europeo De Dereitos Sociais”. Esta actuación inscríbese na Prioridade 5: Emprego Xuvenil, e responde ao Obxectivo Específico Es04.1 orientado a mellorar o acceso ao emprego e as medidas de activación de todas as persoas demandantes de emprego, e en particular as persoas mozas a través da aplicación Garantía Xuvenil e persoas desempregadas e colectivos desfavorecidos no mercado laboral.
Esta persoa a contratar realizará tarefas de apoio administrativo nas dependencias municipais do Concello de Cerdedo Cotobade e en especial na sede de Carballedo.
O proceso selectivo realizarase segundo establecen as bases da convocatoria de axudas, a través da Oficina de Emprego de Pontevedra Bisbarra, sendo requisitos indispensables o estar desempregado, ter idade comprendida entre os 18 e os 29 anos, e estar inscritro no Sistema de Garantía Xuvenil. Unha vez realizado o sondeo pola oficina de emprego, realizarase a correspondente fase de oposición.
A Xunta de Galicia subvenciona o contrato por un periodo de 9 meses a xornada completa e cun importe de 16.902,64 €. Con esta actuación o Concello a través do Departamento de Emprego, segue insertando aos veciños desempregados nos distintos plans e programs vinculados ás politicas activas de emprego, sendo esta unha das prioridades do equipo de goberno local.



