A Cultura e as actividades culturais forman parte no crecemento e desenvolvemento de tódalas persoas, como individuos e como persoas que vivimos en sociedade.

A Concellería de Cultura encárgase da programación cultural e de ocio do concello e da posta en valor dos equipamentos culturais.

 

CENTRO CULTURAL CERDEDO

Rúa das Longas, 12. Cerdedo,36130 (Cerdedo-Cotobade)
Tel. 986 753 125

CENTRO MULTIUSOS CARBALLEDO

Chan, 12. Carballedo, 36856  (Cerdedo-Cotobade)
Tel. 986 760 913

ORGANIZACIÓN E PROGRAMACIÓN DE EVENTOS CULTURAIS

Plan Cultural Municipal

OBXECTIVO

O Concello de Cerdedo-Cotobade pretende con este Plan promocionar os actos e manifestacións culturais propias, e especialmente aquelas que teñen establecido unha raigame dentro do termo municipal.

¿A QUÉN VAI DIRIXIDO?
  • Comisións de Festas, asociacións ou veciños que promovan actos culturais, festas patronais, ou outros eventos de importancia para a difusión e coñecemento das costumes, tradicións e outras actividades que promovan o coñecemento do Concello de Cerdedo- Cotobade.

 

  • Agrupacións musicais con base no Concello deCerdedo-Cotobade, para elo deberán de figurar no Rexistro de Asociacións do Concello de Cerdedo- Cotobade. Cada agrupación poderá inscribirse en diferentes grupos: baile, canto, música,…
PRAZO DA SOLICITUDE:

 

  • Inclusión de Grupos. Os grupos deben formar a súa inclusión no Programa no prazo dun mes desde o día seguninte á publicación da convocatoria no BOP de Pontevedra
  • Solicitude por parte das Comisións de Festas. Estará aberta durante todo o ano.

 

  • Solicitude de grupos acollidos
  • Bases plan cultural

Centro Cultural de Cerdedo

Rúa das Longas, 12. 36130 –Cerdedo– Tlf: 986 75 31 25

O Concello de Cerdedo-Cotobade dende o ano 2010 conta cun moderno Centro Cultural que consta de Auditorio, Museo/sala de exposicións, Biblioteca Municipal e Edificio Multisocial donde se desenvolven tanto actividades culturais organizadas polo propio Concello como por Asociacións ou agrupacións veciñais que o necesiten.

Realizase unha programación e coordinación dunha variada axenda cultural ó longo do ano no Auditorio Municipal que conta cunha capacidade para 200 espectadores: Representacións teatrais, Proxección películas (infantil / adulto), Concertos, festivais musicais, Humor…

Centro Cultural e Turístico Antonio Fraguas

Concello de Cerdedo-Cotobade dende o ano 2021 conta cun moderno Centro Cultural eTuristico Antonio Fraguas, que consta de Auditorio, salas de uso polivalente, e exposición permanente sobre o gañador das Letras Galegas 2019 Don Antonio Fraguas Faguas

O edificio corresponde ao antiguo cine- baile de Carballedo onde se desenvolven tanto actividades culturais organizadas polo propio Concello como por Asociacións ou agrupacións veciñais que o necesiten.

Realizase unha programación cultural ó longo do ano que conta cunha capacidade para 100 espectadores: Representacións teatrais, Proxección películas (infantil / adulto), Concertos, festivais musicais, Humor, charlas e conferencias …

Centro Sociocultural de Tenorio

Chan – Carballedo

Concello de Cerdedo-Cotobade dende o ano 2020 conta cun moderno Centro Cultural que consta dous despachos ,e catro aulas polivalentes que se convirten en un auditorio para onde se desenvolven tanto actividades culturais organizadas polo propio Concello como por Asociacións ou agrupacións veciñais que o necesiten.

Realizase unha programación cultural ó longo do ano que conta cunha capacidade para 300 espectadores: Representacións teatrais, Proxección películas (infantil / adulto), Concertos, festivais musicais, charlas e conferencias,….

Eventos Culturáis

odaiko & Banda de Música Unión Musical de Tenorio- Domingo 9 de Xullo

CONCERTO DE MERCEDES PEON- SABADO 22 DE XULLO

CONCERTO DE MÚSICA-UNIÓN MUSICAL DE TENORIO

As noas Músicas Populares. GRAN CONCERTO. BANDA DE MÚSICA UNIÓN MUSICAL DE TENORIO.   VENRES 30 DE XUÑO AS 21:00 HORAS. No Centro SocioCultural de TENORIO.

MARIA DO CEO – 1 DE XULLO

  1 DE XULLO DE 2023 CAMPO DA FESTA DE BORELA AS 22 HORAS CEA POPULAR AS 21 HORAS. 7 EUROS Venta de Tickets: 673 04 02 65 - 655 80 52 25 Tamén no Bar A Chan, Carballedo e A Vosa Taberna, en Borela.

Ciclo de Concertos sobre a EVOLUCIÓN DA MÚSICA.

A NOSA MÚSICA TRADICIONAL. Mostra dos TRAZANTES DE TENORIO, E GRUPO FOULA OS NOSOS ARTISTAS. SONSOLES  PENADIQUE AS NOSAS MÚSICAS POPULARES Concertos de Música Popular BANDA DE MÚSICA UNIÓN MUSICAL DE TENORIO BANDA DE MÚSICA DE CERDEDO LONGA TRAXECTORIA A RODA LUAR NA LUBRE MULLERES CREADORAS MARÍA DO CEO MERCEDES PEON NOVAS CREACIÓNS DEVACAS ODAICO [...]

LAROÁ

O recoñecido grupo de música de folc-fusión Laroá actuará o Venres 16 de Xuño as 23:00h En A Corredoira. LAROÁ - MUSIGAL

Festa do SAN XOAN

CERDEDO. Venres 23 de Xuño A partir das 9:30 da noite no pavillón de deportes de CERDEDO: CHURRASCO DE PORCO CELTA SARDIÑAS PAN E VIÑO Prezo por persoa: 5€ Menores de 8 anos gratis. As 12 da noite queimaremos o meigallo na FOGUEIRA. A FESTA estará animada por: DISCO MOVIL "On by Chito" Haberá Stands [...]

Concilia verán 2023. DIRIXIDAS A NENOS/AS DE 4 A 12 ANOS

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS INFORMACION DE INTERESE O Concello resérvase o dereito a anular unha ou mais ludotecas se non se cubre o mínimo de participantes por grupo A cota é mensual, non admitindo fracción. CALENDARIO E HORARIO Carballedo   - Xullo e Agosto   - De luns a venres de 9:00 a 14:00 Tenorio   -Xullo e Agosto  [...]

Subvención para Ampliar E Diversificar a OFERTA CULTURAL

SUBVENCIÓNS PARA AMPLIAR E DIVERSIFICAR A OFERTA CULTURAL EN ÁREAS NON URBANAS TERRITORIO CULTURA De conformidade co disposto nos artigo 23 j) da Resolución do 3 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións para ampliar e diversificar a oferta cultural en [...]

XIII Festa do PETOTE 2023

Domingo 12 de Marzo de 2023 Pasarruas a cargo da CHARANGA CHARANDONGA 12:30H Degustación popular do PETOTE. (Na Praza da Chan) O Xantar: 23€ Con Costela, Lacón, Chourizo, Chourizo Ceboleiro, Pataca, Verdura, Cacheira, Petote e Postres Varios