Venres 20 de setembro
No Pavillón Municipal de Cerdedo
REQUISITOS:
-
- Estar empadroados.
- Ter 65 anos ou pensionistas con 55 anos, así como os cónxuxes de ambos.
- As persoas non empadroadas nacidas en Cerdedo-Cotobade e os seus cónxuxes poderán participar pagando a totalidade do prato.
- Fillos con discapacidade intelectual acompañados dun adulto.
- Maiores do Fogares Residenciais de Cerdedo-Cotobade.
CUOTA DE INSCRICIÓN: 20 EUROS
LUGAR E DATA DE INSCRICIÓN: Do 9 ao 18 de setembro de 10.00 a 13.00 horas nas oficinas dos Servizos Sociais de Cerdedo-Cotobade e nas sedes dos Clubes de Xubilados (Tenorio – Viascón)
A xuntanza iniciarase ás 13.30 horas cun acto relixioso na Igrexa de San Xoán Bautista de Cerdedo, ó que seguirá un xantar de confraternización, rematado o cal haberá diversas actividades culturais e de lecer.
O Concello pon a disposición dos veciños autobuses para que todo o mundo poida acudir á comida, deberán comunicalo no momento da inscrición, entre os días 9 e 18 de setembro, poden chamar o Concello para saber as paradas e horario de recollida.