CERDEDO-COTOBADE é Nadal. Concurso de DECORACIÓN DE NADAL 2026

Por quinto ano, o Concello de Cerdedo Cotobade (Pontevedra), a través da participación cidadá, e co motivo de manter o espírito do Nadal, de crear un ambiente festivo, de contar coa participación da cidadanía e, así, se favorecer as compras en todo o termo municipal presenta o Concurso de Decoración do Nadal dirixido a todos os negocios, comunidades de montes, asociacións e familias que forman o noso Municipio.

O obxectivo e intentar que os lugares do noso Concello se impregnen do espírito de Nadal coa colaboración de todos, cos seguintes fines:

  • Dinamizar a participación activa dos-as cidadáns do Concello de Cerdedo Cotobade (Pontevedra).
  • Colaborar e infundir un ambiente de Nadal decorativo baseado en valores como o traballo en común, a fraternidade ou a cooperación.
  • Contribuír ao aforro económico en torno a materiais de decoración do Nadal e dispoñer de elementos decorativos que aporten a localidade un entorno de Nadal acolledor e ilusiónante.
  • Fomentar o uso de materiais reciclables como recurso educativo á cidadanía a través da transformación do espazo.
  • Sensibilizar do problema dos residuos e da importancia do reciclaxe.

Establécense dúas categorías de participantes:

a) Familiar\Individual.
Poderán participar neste concurso todas aquelas persoas maiores de idade con residencia no municipio de Cerdedo Cotobade (Pontevedra) que realicen a decoración da súa vivenda.

b) Colectiva.
Poderán participar os establecementos do concello que teñan escaparate visible dende a vía pública e aqueles que ofrezan outro tipo de servizos como bares, restaurantes, cafeterías, asesorías, inmobiliarias, hoteis, pensións, estudios etc que dispoñan dun balcón, xanela, porta, fachada.

Poderán participar as asociacións e /ou comunidades de montes legalmente establecidas que decoren unha praza/ lugar/… da parroquia na que estean establecidas.

Os participantes responsabilizaranse do adecuado cumprimento destas bases e da realización dos trámites, permisos, medidas preventivas o de calquera índole que puideran ser precisas para a súa participación no concurso, eximindo ao Concello de Cerdedo Cotobade (Pontevedra) de calquera responsabilidade polo seu incumprimento ou omisión.

Todos os negocios que queiran participar deben estar abertos ao público e en posesión da Licenza Municipal de Actividade correspondente.

Os interesados en participar deberán inscribirse cumprimentando e entregando no Concello o formulario de inscrición xuntado a estas bases.

Poderán presentalo de forma presencial en horario de atención ao público ( luns a venres de 9:00 a 14:00 horas) ou a través do correo electrónico omix@cerdedo-cotobade.gal;.

PREMIOS

Os premios dividense por categoría da seguinte forma:

  • Categoría Familiar\Individual: repartiranse tres premios.

1º Premio: 200,00 €

2º Premio: 150,00 €

3º Premio: 100,00 €

  • Categoría Colectiva: repartiranse tres premios.

1º Premio: 300,00 €

2º Premio: 250,00 €

3º Premio: 200,00 €

 

PRAZO PARA ENVÍO DAS FOTOS DESDE O 30 DE NOVEMBRO ATA O 16 DE DECEMBRO.

PRAZO DE EXPOSCIÓN DO TRABALLO: ATA O 07 DE XANEIRO DE 2027.

PRAZO PARA A VALORACIÓN DO 16 AO 23 DE DECEMBRO

PLAZO DE RESOLUCIÓN DE PREMIOS 16 DE DECEMBRO