PACES. Plan Acción para o Clima e a Enerxía.

O Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES) é o documento principal que integra as estratexias de mitigación e adaptación ao cambio climático e permite desenvolver as liñas de acción que fagan fronte á crise climática e aproveitar os beneficios sociais e económicos que ofrece a transición ecolóxica para mellorar a calidade de vida da veciñanza. Este documento se integra nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e a Axenda 2030.

 

O compromiso municipal é unha redución do 40% das emisións totais de gases de efecto invernadoiro para 2030. Os outros obxectivos marcados son a adaptación do municipio para os efectos do cambio climático atendendo ás particularidades do municipio en cuestión e combater a pobreza enerxética, garantindo un acceso universal a unha enerxía segura, limpa e alcanzable.

O concello de Cerdedo– Cotobade elaborou no ano 2021 o seu  PACES grazas a unha subvención da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e cofinanciadas polos fondos europeros FEDER Galicia 2014-2020. . Este Plan nace no seo do Pacto das Alcaldías, un movemento a nivel europeo no que participan as autoridades locais e rexionais que asumiron o compromiso voluntario de mellorar a eficiencia enerxética, empregar fontes de enerxía renovables nos seus territorios e reducir as emisións de CO2.

Descarga o PACES de Cerdedo-Cotobade e os informes seguimento na  Plataforma Europea Pacto das Alcaldias – My Covenant (https://eu-mayors.ec.europa.eu/en/signatory/27560#actionPlansAndProgress)

Web oficial: www.pactodelosalcaldes.eu