O Concello de Cerdedo-Cotobade ven de contratar a redacción do proxecto para a RECUPERACIÓN DO ESPAZO PARA USO PEONIL NO NÚCLEO DE ARROTEA -ALMOFREIao abeiro da Subvención obtida da Deputación Provincial de Pontevedra para a redacción de proxectos de recuperación de espazos públicos e creación de sendas peonís e/ou ciclables nos concellos da REDE ÁGORA dos que o noso concello forma parte.
A solución adoptada implicaría:
- Superficie peonil actual:714 m2.
- Superficie total do ámbito incluída a beirarrúa:2.979 m2.
Pretendese xerar unha superficie de uso peonil: 2.979,00 m2, sobre o total de (4.8115,00 m2), o cal implica un aumento do 61,87 % da superficie dedicada ao peón. As obras inclúen a mellora da eficiencia enerxética co emprego da tecnoloxía led, no alumeado do ámbito. As unidades máis importantes do proxecto que definen o aumento da superficie adicada ao peon, son:
- Cambio de pavimento e a instalación de mobiliario urbano, intentase limitar o acceso o tráfico rodado, restrinxindo o seu uso a residentes e actos funerarios, seguindo os criterios para a redacción de proxectos de mobilidade amable e recuperación de espazos públicos.
- Na zona de actuación proponse unha solución de mestura de pavimentos de lousas graníticas morenas de 80x40cm, de bordo de formigón prefabricado e pavimento de formigón cepillado.
- Na estrada EP-0405 conservase unha zona de paso para vehículos en dobre sentido de 5,40 m de ancho, executado en mestura bituminosa en quente.
- En canto a iluminación proponse a instalación de novas luminarias LED sobre báculo para a iluminación do entorno da igrexa de San Lourenzo de Almofrei.
- En relación os servizos afectados realizarase a execución das tubaxes de saneamento de pluviais, o soterramento de liñas de telecomunicacións e baixa tensión e a instalación de novas tubaxes de alumeado.
- Completase a actuación coa colocación de mobiliario urbano composto por bancos e xardineiras.