Creación De Praza E Mellora Das Infraestruturas Públicas Da Aldea Modelo De Mouteira-Parada

O Concello de Cerdedo-Cotobade ao abeiro da Resolución do 26 de decembro de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo e ámbitos  territoriais vinculados aos instrumentos de recuperación da terra agraria, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e a convocatoria para o ano 2023, da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), realizou o proxecto de Creación de Praza e Mellora das infraestruturas públicas da Aldea Modelo de Mouteira-Parada consistentes en:

  • Creación duna pequena praza na entrada da Igrexa e Cemiterio de San Pedro de Parada.
  • Creación de pavimento de lasta entorno ó cruceiro para aumentar a súa notoriedade no entorno.
  • Instalación de rede de recollida de pluviais.
  • Instalación de sinalización direccional.
  • Creación dunha illa de contenedores que conta cun peche de madeira que os oculta e axuda a reducir o impacto visual.

Con estas actuacións preténdese mellorar as infraestruturas e espazos públicos desta zona rural que recentemente deu o paso de conferirse como aldea modelo, búscase mellorar estes espazos e infraestruturas que repercuten directamente sobre a vida dos veciños da mesma, tanto presentes como futuros, consciente de que a única forma de evitar o despoboamento e abandono da zona e atraer novos asentamientos, é dotar de máis e mellores infraestruturas á zona.

 

Publicación

Acordo polo que se declara a aldea de Mouteira-Parada no concello de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra) como Aldea Modelo.

Perímetro delimitado