O Concello de Cerdedo-Cotobade ven de contratar a redacción do proxecto para a RECUPERACIÓN DO ESPAZO PARA USO PEONIL NO NÚCLEO DE VIASCÓN ao abeiro da Subvención obtida da Deputación Provincial de Pontevedra para a redacción de proxectos de recuperación de espazos públicos e creación de sendas peonís e/ou ciclables nos concellos da REDE ÁGORA dos que o noso concello forma parte.
A solución adoptada implicaría:
•Superficie peonil actual:1.556 m2.
•Superficie total do ámbito: 3.300 m2.
Pretendese xerar unha superficie de uso peonil: 3.300 m2, o cal implica un aumento do 72,22 % da superficie dedicada ao peón.
A solución proposta deseñouse seguindo os seguintes parámetros:
•Creación ou mellora de espazos segregados para a circulación peonil e/ou ciclable (sendas peonís ou ciclables) anexos a vías existentes que non conten na actualidade con espazos adecuados para este tipo de usuarios.
•O itinerario peonil creado deberá ter unha lonxitude mínima de 100 m e un ancho mínimo de 2,50 m..