O Concello de Cerdedo-Cotobade ven de contratar a redacción do proxecto para a RECUPERACIÓN DO ESPAZO PARA USO PEONIL NO ENTORNO DA IGREXA E CEMITERIO DE VIASCÓN ao abeiro da Subvención obtida da Deputación Provincial de Pontevedra para a redacción de proxectos de recuperación de espazos públicos e creación de sendas peonís e/ou ciclables nos concellos da REDE ÁGORA dos que o noso concello forma parte.
A solución adoptada implicaría:
• Superficie peonil actual:0 m2.
• Superficie total do ámbito: 3.637,00 m2.
Pretendese xerar unha superficie de uso peonil: 3.637,00 m2, o cal implica un aumento do 69,86 % da superficie dedicada ao peón.
A solución proposta deseñouse seguindo os seguintes parámetros:
• Recuperación de espazos que actualmente están ocupados por tráfico a motor para devolvérllelos ás persoas.
• O incremento mínimo do espazo peonil no ámbito de actuación debe ser dun 50 % con respecto ao existente na actualidade.
• Os espazos gañados para as e os peóns terán unha superficie mínima de 300 m