O Concello de Cerdedo-Cotobade ven de contratar a redacción do proxecto para a RECUPERACIÓN DO ESPAZO PARA USO PEONIL NO NÚCLEO DE CERDEDO ao abeiro da Subvención obtida da Deputación Provincial de Pontevedra para a redacción de proxectos de recuperación de espazos públicos e creación de sendas peonís e/ou ciclables nos concellos da REDE ÁGORA dos que o noso concello forma parte.
A solución adoptada implicaría:
- Superficie peonil actual:151,18m2.
- Superficie total do ámbito incluída a beirarrúa:1.348,47m2.
Pretendese xerar unha superficie de uso peonil: 1.157,92, sobre o total de (1.348,47m2), o cal implica un aumento do 74.26% da superficie dedicada ao peón.
As obras inclúen a mellora da eficiencia enerxética co emprego da tecnoloxía led, no alumeado do ámbito.
As unidades máis importantes do proxecto que definen o aumento da superficie adicada ao peon, son:
- Demolición do firme bituminoso para a creación dunha nova plataforma formada pola seguinte sección (15cm de saburra artificial + 10 cm de base de formigón HM-20 + Morteiro de cemento + lousa granítica rectangular dimensión 80×40 x8, de cor, acabado labrado abuxardado fino).
- Pavimento de formigón HP-40 armado con mallazo de 15x15x6mm acabado cepillado de 18 cm de espesor, colocado sobre 15cm de saburra artificial.