Concilia Verán 2024. DIRIXIDAS A NENOS/AS DE 4 A 12 ANOS.

O Programa “Concilia Verán” ofrece unha alternativa educativa e de lecer para nenos e nenas que cursen  educación infantil e primaria ao tempo que  propician  a conciliación da vida familiar e laboral na época estival.

Na súa programación inclúense actividades divertidas e educativas que combinan o xogo con actividades creativas, deportivas e de reforzo da lingua galega e inglesa, fomentando o traballo en grupo,  a educación en valores e hábitos saudables.

 

TIPO DE ACTIVIDADES

  • Xogos de agora e de sempre : tradicionais, populares, musicais, cooperativos, língüisticos…
  • Actividades deportivas e  psicomotrices: Carreiras, saltos, equilibrios, relevos, mini partidos…
  • Xogos en gran grupo: de pistas, procura do tesouro, festa da auga.
  • Obradoiros: Cociña, pintura, barro, experimentos, papiroflexia, maquillaxes…
  • Actividades lúdicas en galego: Para o reforzo da lingua a través de xogos de vocabulario, expresión oral, contos para traballar a  escoita activa, cancións…
  • Animación á lectura: lectura de contos, contacontos, teatriños…
  • Saídas: roteiros pola natureza e visitas a centros de interese da contorna.

 

CALENDARIO E HORARIO
Carballedo  Xullo e Agosto De luns a venres de 9:00 a 14:00
Tenorio

Cerdedo

Xullo e Agosto

Xullo e  Agosto

De luns a venres de 9:00 a 14:00

De luns a venres de 9:00 a 14:00

 

*PREINSCRICIÓN  DOS/DAS  PARTICIPANTES
Presentación de fichas de inscrición*:

  •           Na OMIX de Carballedo
  •           No Departamento de Servizos Sociais de Cerdedo

Prazo de  pre-inscrición: ata o 17 de xuño

*Inscricións por orde de achega ata cubrir prazas. Terán prioridade os menores empadroados no Concello de Cerdedo-Cotobade.

 

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR  UNHA VEZ CONFIRMADA A PRAZA
Unha vez confirmada a praza dende o Concello mediante sms cada participante  deberá achegar, no prazo de 3 días, a seguinte documentación:

  •  Fotocopia do DNI do pai/nai/titor/a
  •  Fotocopia da tarxeta sanitaria
  •  Xustificante de pago

 

Prezo 40,00 €/ mes Prazas limitadas

INFORMACIÓN
Na Oficina OMIX – sede Carballedo      Tfno.: 986760001

No Dpto. Servizos Sociais – sede Cerdedo    Tfno.:  986753006

www.cerdedo-cotobade.gal

 

Díptico Concilia Verán