RECUPERACIÓN DO ESPAZO PARA USO PEONIL NO ENTORNO DA IGREXA DE SANTA MARÍA DE SACOS

O Concello de Cerdedo-Cotobade ven de contratar a redacción do proxecto para a RECUPERACIÓN DO ESPAZO PARA USO PEONIL NO ENTORNO DA IGREXA DE SANTA MARÍA DE SACOS ao abeiro da Subvención obtida da Deputación Provincial de Pontevedra para a redacción de proxectos de recuperación de espazos públicos e creación de sendas peonís e/ou ciclables nos concellos da REDE ÁGORA dos que o noso concello forma parte.

A solución adoptada implicaría:

    • Superficie peonil actual:165 m2.
    • Superficie total do ámbito:885m2.

Preténdese xerar unha superficie de uso peonil: 690,00m2, sobre o total de (885,00m2), o cal implica un aumento do 77.96% da superficie dedicada ao peón.

As obras inclúen a mellora da eficiencia enerxética co emprego da tecnoloxía led,no alumeado do ámbito.

As unidades máis importante do proxecto que definen o aumento da superficie dedicada ao peon, son:

    • Demolición do firme bituminoso para a creación dunha nova plataforma formada pola seguinte sección (15cm de saburra artificial + 10 cm de base de formigón HM-20 + Morteiro de cemento + lousa granítica rectangular dimensión 80×40 x8, de cor, acabado labrado abuxardado fino) con xuntas de lousa de granito de dimensión 20x10x10 abuxardadoAs obras inclúen a mellora da eficiencia enerxética co emprego da tecnoloxía led, no alumeado do ámbito.
    • Colocación nas zonas de esparcemento e bordes de actuación de pavimento formado por (15cm de saburra artificial + 10 cm de base de formigón HM-20 + Morteiro de cemento + lastro granítico dimensión 10x10x10, de cor, acabado labrado abuxardado fino).
    • Reposición do vial de acceso o núcleo de A Vila de Abaixo mediante pavimento de formigón HP-40 armado con mallazo de 15x15x6mm acabado cepillado.