Presentación por rexistro do Recurso Contencioso Administrativo contra o parque eólico Campo das Rosas. (expediente IN408A 2017/005).

Á SALA DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

IAGO MARTÍNEZ NÚÑEZ, Procurador dos Tribunais e do CONCELLO DE CERDEDO-COTOBADE e do CONCELLO DA ESTRADA, segundo se acredita co documento nº1 e nº2 respectivamente que se achega con este escrito, perante esta Sala comparezo, e como mellor proceder en Dereito, DIGO:

1.- Con data 7 de xuño de 2023 foi publicado no DOG nº107 Resolución do 20 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de abril de 2023, polo que se outorga a autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos
aproveitamentos forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Campo das Rosas, sito nos concellos da Estrada, Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade, promovido por Naturgy Renovables, S.L.U. (expediente IN408A 2017/005). Achégase copia como documento nº 3.

2.- Ao respectuoso criterio desta parte, a citada Resolución do 20 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, é contraria a Dereito. Xa que logo, ao abeiro do disposto nos artigos 45 e 46 de la Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa, polo presente escrito interpoño en tempo e forma RECURSO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO contra a mesma.

Polo exposto, á Sala

SOLICITO que teña por presentado este escrito, xunto cos seus documentos e copias, o admita e, na súa virtude, teña por interposto, por parte do CONCELLO DE CERDEDOCOTOBADE e do CONCELLO DA ESTRADA, RECURSO CONTENCIOSOADMINISTRATIVO contra a Resolución do 20 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de abril de 2023, polo que se outorga a autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Campo das Rosas, sito nos concellos da Estrada, Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade, promovido por Naturgy Renovables, S.L.U.

 

Escrito