PRÉSTAMO DE MATERIAL INVENTARIABLE A ASOCIACIÓNS.

PREAMBULO

O Concello de Cerdedo- Cotobade, conta cun material factible de préstamo para diferentes actividades e eventos, que pon a disposición dos colectivos, comisións de festas e asociacións do municipio para facilitar e favorecer o desenvolvemento de actividades comunitarias e de relación.

A participación veciñal está sendo un eixe importante no desenvolvemento do traballo do Concello de Cerdedo- Cotobade que tenta conseguir con este medio  chegar a sentimento de pertenza ao municipio e promover a vertebración cultural e social de todos .

OBXECTO

A presente norma regula as condicións para a cesión, de uso temporal, de material propiedade do Concello de Cerdedo Cotobade.

MATERIAL DISPOÑIBLE

  • Conxunto de mesas e bancos
  • Casetas de madeira

BENEFICIARIOS

Poderán recibir dito material, as Asociacións do Concello de Cerdedo- Cotobade que organicen actividades abertas a toda a poboación, en base ás seguintes prioridades:

a) Asociacións culturais.

b) Asociacións veciñais.

c) Comisións de festas.

d) Comunidades de Montes.

PROCEDEMENTO

Para poder acollerse ao préstamo será necesario cumprimentar o impreso de solicitude  e presentar comunicación da festa/evento ou actividade para a que o solicitan.

Estudiadas as solicitudes, o Concello resolverá o material dispoñible e comunicarase ao solicitante, por escrito, o material que se lle cede.

Na presentación da solicitude de material, terá que especificarse a data de recollida por parte dos solicitantes ea data de devolución e o compromiso de facerse cargo de tódalas perdas que sufra o material.

Por parte das Asociacións designarase a unha persoa responsable que fará a recollida e entrega do material nas instalacións do Concello en Cerdedo ou en Carballedo.

Asinará o escrito de cesión de material e o entregará ao encargado municipal xunto co compromiso de facerse cargo de tódalas perdas que serán avaliadas economicamente polos técnicos municipais e reclamados ao solicitante e ao seu representante.

Unha vez rematada a actividade devolverá o material a mesma sede na que o recolleu, dando o aviso de recibimento ao encargado municipal

 

CONDICIÓNS XERAIS

  1. O material recibido do Concello deberá ser destinado ao solicitado pola Entidade e nas debidas condicións.
  2. A perdida, roubo ou calquera outra incidencia fora do habitual que afecte ao material, deberá ser posta de inmediato en coñecemento do Concello con informe e parte de denuncia en caso de roubo.
  3. A demora na devolución do material sen causa xustificada, suporá unha penalización consistente na imposibilidade de acceder de novo ao préstamo do material nun prazo de dous anos.
  4. Si por calquera circunstancia, o material devolvésese con algunha anomalía, indicarase esta por escrito, á persoa encargada del almacén. Os danos e perdas serán avaliados por persoal técnico e reclamados ao solicitante e ao seu representante.
  5. O material devolverase limpo, en caso contrario, suporá unha penalización consistente na imposibilidade de acceder de novo ao préstamo do material nun prazo de dous anos.
  1. No caso de que se faga un mal uso do material, sen causar desperfectos no mesmo, suporá unha penalización consistente na imposibilidade de acceder de novo ao préstamo do material nun prazo de dous anos.
  2. No caso de que o importe dos danos e perdas supoña a destrución total ou perda total do material suporá que a entidade solicitante non poida volver a facer uso do préstamo de material.

ANEXO. Documento Cesión

Circular completa