Despois da visita ao Concello de Abegondo, o pasado dia 7 de Setembro, para coñecer in situ o modelo de xestión que promove Augas de Galicia, o PLAN MUNICIPAL DE ABASTECEMENTO AUTÓNOMO do Concello de Cerdedo-Cotobade será presentado oficialmente no noso concello o vindeiro XOVES 14 DE OUTUBRO de 2021.
O evento será no Auditorio do Centro Cultural deCerdedoás 18:30 horas e está dirixido a usuarios/as e representantes das traídas de augas veciñais, como previo paso ás visitas e análise das traídas de auga veciñais. carta- programación
O Concello de Cerdedo-Cotobade é consciente da importancia de mellorar as garantías do abastecemento de auga potable no concello. Por ilo, a través da candidatura presentada polo servizo de medio ambiente, foi seleccionado xunto con outros cinco concellos galegos para a elaboración de Plans Municipais de Abastecemento Autónomo, orientados a analizar e detectar puntos de mellora nas infraestruturas de abastecemento de agua que non forman parte da rede municipal, os abastecementos xestionados polas traídas veciñais.
O plan municipal de abastecemento autónomo deberá ser o instrumento que guíe as actuacións do concello en materia de abastecemento rural a curto e medio prazo. Como obxectivos específicos establécense:
- Mellorar o coñecemento sobre sistemas de abastecemento autónomo do concello, a poboación abastecida por eles e o nivel de garantía do servizo que prestan.
- Identificar e priorizar as actuacións necesarias en materia de abastecemento autónomo no concello. Tendo en conta todo isto, o plan debe recoller, como contidos mínimos:
- Un inventario dos sistemas de abastecemento autónomo do concello.
- Poboación e usos abastecidos por cada un dos sistemas autónomos identificados.
- Valoración do cumprimento dos requisitos técnico-sanitarios mínimos.
- Avaliación da viabilidade dos sistemas actuais.
- Análise e valoración das alternativas de mellora de cada sistema.