O concello deCerdedo– Cotobade está a traballar na elaboración do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES) grazas a unha subvención da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e cofinanciadas polos fondos europeros FEDER Galicia 2014-2020. . Este Plan nace no seo do Pacto das Alcaldías, un movemento a nivel europeo no que participan as autoridades locais e rexionais que asumiron o compromiso voluntario de mellorar a eficiencia enerxética, empregar fontes de enerxía renovables nos seus territorios e reducir as emisións de CO2.
Trala Declaración de Emerxencia climática e Ambiental en España, o Concello deCerdedo– Cotobade sumouse tamén a desenvolver liñas de acción que fagan fronte á crise climática e aproveitar os beneficios sociais e económicos que ofrece a transición ecolóxica para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas.
Colabora co Concello, e súmate á loita contra o Cambio climático! Persoal da empresa ENERGAL S.L pasará o vindeiro Martes 5 polos locais comerciais a realizar enquisas sobre os consumos enerxéticos en representación do Concello. O único dato que che pedirán é o consumo enerxético, polo que deberás ter a man unha factura.
Pedimos a túa colaboración para poder deseñar a mellor estratexia posible para o noso medio ambiente. Grazas!