Mini Puntos Limpos De Proximidade

Co obxectivo de aumentar a dotación de servizos ofrecidos á poboación para que separen os seus residuos domésticos de pequeno tamaño e dita acción non supoña o traslado da veciñanza ata o punto limpo fixo, o concello ven de instalar uns mini puntos limpos de proximidade para facilitar a recollida selectiva de residuos domésticos perigosos  e electrónicos.

Trátase de pequenos puntos limpos con 9 bocas de depósito que recollerán CD-DVD, pilas, cartuchos de tinta, teléfonos móbiles, pequenos aparellos eléctricos (por exemplo cargadores, calculadoras, máquinas de afeitar, etc) lámpadas, aerosois e cápsulas de café.

 

Deste xeito, facilítase a súa recollida separada e evítase que estos materiais susceptibles de reciclaxe acaben en vertedoiro pola comodidade de botalos directamente na bolsa da fracción resto, ou incluso espallados no medio natural.

Están instalados nos núcleos máis poboados e que albergan os servizos públicos administrativos, educativos e sanitarios. A elección destas zonas é porque son as catro áreas nas que a poboación das parroquias máis diseminadas visitan polos servizos presentes (colexios, centros de saúde, supermercados, tendas…).

 

Os podedes atopar nas seguintes localizacións:

 

    1. Cerdedo, próximo á farmacia e supermercado.
    2. Tenorio: aparcadoiro do centro de saúde de Tenorio.
    3. Viascón: aparcadoiro próximo a Casa Manolo.
    4. A Chan: praza do concello.

 

Este equipamento foi posible grazas á subvención da Xunta de Galicia financiado polos fondos europeos Next Generation.