Implantación Contedor Marrón A Grandes Productores

O Concello inicia a campaña “Separa con xeito! Orgánica ao marrón”, que forma parte do proceso de implantación do contedor marrón para a recollida de residuos orgánicos aos grandes produtores do noso municipio: cafeterías, restaurantes, agros, tendas de alimentación ou os comedores dos centros escolares e das residencias da terceira idade.

 

A posta en marcha deste servizo responde a unha obriga legal, derivada das directivas europeas, que esixen cumprir obxectivos moi concretos en materia de reciclaxe e sostibilidade. Pero tamén responde a unha necesidade de cambio de modelo dado que o sistema actual de recollida e o comportamento xeralizado no depósito dos residuos non é sostible economicamente ni medioambientalmente

O obxectivo principal é potenciar a recollida comercial a grandes produtores de residuos maximizando a cantidade e calidade das fraccións recollidas selectivamente e reducir a cantidade da fracción resto (contedor verde).

O obxectivo económico é diminuír a partida de gasto polo tratamento da fracción resto (ano 2025: 108 euros/tonelada + ive). Coa recollida separada da orgánica, desviándoa do contedor de resto, diminuirá as toneladas de resto entregadas e se desviarán á compostaxe como tratamento, que ten un coste menor de tratamento (ano 2024 50 euros/tonelada).

O obxectivo medioambiental, acercarse ao cumprimento dos obxectivos normativos de acadar un 50% de recollida selectiva no ano 2025 destinada á a preparación para a reutilización e reciclaxe e diminuír a emisión de gases de efecto invernadoiro e a incineración ou vertedoiro de materia orgánica.

O Concello levou a cabo a presentación da campaña aos participantes e esta semana se está repartindo a cada establecemento contedores de uso privado con apertura con chave, caldeiros para a cociña e bolsas compostables. Tras a entrega dos materiais e posta en marcha, realizaranse visitas de seguimento a cada establecemento para axudar a resolver posibles dúbidas e recoller suxestións para mellorar o servizo de recollida.

 

Como recoñecemento ao seu compromiso, entregaráselle a cada establecemento un distintivo oficial que poderá colocar no local como mostra de responsabilidade social e ambiental.

O Concello inicia este proxecto  grazas a unha subvención da Xunta de Galicia cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do plan de recuperación, transformación e resiliencia – financiado polos fondos da Unión Europea-NextgenerationEU.