Información pública da solicitude de Autorización Administrativa Previa, o Estudo de Impacto Ambiental Parque Eólico Greco, de 109’2 MW, e a súa infraestrutura de evacuación, nos termos municipais de Cerdedo-Cotobade, A Lama e Fornelos de Montes (provincia de Pontevedra) e Avión (provincia de Ourense). Código de expediente: PEol-957.
Promotor: Mowe Energía IV, S.L.U (BOPPO publicado hoxe 03.11.2025).
No termo municipal de Cerdedo-Cotobade o proxecto prevee a instalación de 14 aeroxeneradores.
PRAZO PRESENTAR ALEGACIÓNS: prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución. (BOPPO 03 Novembro 2025). Descarga aquí
Dirixidas á Dependencia da área de Industria e Enerxía da Subdelegación do Goberno en Pontevedra ou á Área Funcional de Industria e Enerxía da Subdelegación do Goberno na Coruña, a través do Rexistro Electrónico da Administración Xeral do Estado (https://rec.redsara.es) ou por calquera outro dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Os Proxectos e Estudos de Impacto Ambiental das instalacións poden ser examinados a través da seguinte ligazón:
- https://run.gob.es/wvzPEol957-PROYECTOSyEsIA
- a través del apartado “Proyectos, Campañas e Información/Procedimientos de Información Pública” da sede electrónica da Delegación del Gobierno en Galicia
- Presencialmente na Dependencia da área de Industria e Enerxía da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, sita en Praza de España, s/n, 36002, Pontevedra; esta consulta presencial requirirá de cita previa, que pode solicitarse a través do teléfono 986 98 92 35, en horario de 9h a 14h, ou do correo electrónico a industria.pontevedra@correo.gob.es


