CONVENIO ENTRE A AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (AGADER) E O CONCELLO DE CERDEDO-COTOBADE PARA O PROXECTO SENLLEIRO DE
RESTAURACIÓN DO TAJAMAR SURESTE NA PONTE DE PEDRE, DENTRO DA CATEGORÍA DE “PROMOCIÓN E POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO HISTORICO DA COMARCA”
O pasado 12 de marzo de 2025 a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Cerdedo-Cotobade asinaron un Convenio para a concesión dunha subvención directa ao proxecto senlleiro de restauración do tajamar sureste na Ponte de Pedre de acordo coas actuacións definidas no proxecto presentado polo concello e que constitúen necesidades prioritarias para a conservación deste elemento do patrimonio histórico da comarca.
O Orzamento das actuacións realizadas acadou a cantidade de 86.394,00 €, dos cales a AGADER aportou 69.115,20 €.



