FOGUEIRAS SAN XOAN 2025

Abrése o prazo para solicitar permiso para realizar fogueiras na noite de San Xoan, tanto privadas como por parte de colectivos. Os interesados deberán solicitar a preceptiva autorización municipal presentando una comunicación no Rexistro Xeral do Concello ata o dia 19 de Xuño de 2025.

Formulario de solicitude.(pdf)
Declaración responsable (pdf)

 

CONSIDERACIONS XERAIS:

  • O trámite pode realizarse mediante presentación presencial no Rexistro Xeral do Concello, de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 horas ou ben de forma telemática na sede electrónica do Concello a través dunha instancia xeral e adxuntando o formulario arriba indicado. A comunicación conleva  unha taxa de 15 euros.
  • Deberase facilitar os seguintes datos:

– Nome e apelidos da persoa/as responsable/s da fogueira.
– DNI
– Teléfono móbil, que deberá estar dispoñible en todo momento durante a celebración da fogueira.
– Referencia catastral da parcela onde se realizará a localización da fogueira.
– Obriga de coñecer os teléfonos de emerxencias: 012 (Emerxencias) 085 (lumes forestais) e 661.64.14.79 (Protección Civil do Concello).

  • A obtención do permiso implica a aceptación por parte dos solicitantes do cumprimento dunha serie de normas sobre seguridade e limpeza. NORMAS DE SEGURIDADE coas que se pretende garantir a seguridade na celebración. No momento da comunicación no Concello, serán facilitadas as medidas preventivas ambientais de obrigado cumprimento.

MEDIDAS PREVENTIVAS AMBIENTAIS DE OBRIGADO CUMPRIMENTO

  • Non se poderá prender lume preto de masas forestais ou matogueiras.
  • Para garantir a seguridade e atallar posibles incidencias, deberá disporse de material para a extinción do lume, tales como caldeiros con auga, area ou extintores, e os organizadores están obrigados a deixar completamente apagada a fogueira antes de marcharse, para o cal deberán empapala con auga.
  • A fogueira terá un perímetro de seguridade de 6 metros de radio por cada metro da altura combustible, porase especial coidado de non situalas baixo tendidos eléctricos ou telefónicos. Non se poderán acumular combustibles nos arredores das cachadas e tampouco se poderán queimar nelas materiais contaminantes ou perigosos (tales como rodas, latas, PVC, aceites, etc) e en xeral, calquera sustancia que ao arder desprenda gases ou fumes tóxicos.
  • Non poderá iniciarse ningunha fogueira cando as condicións meteorolóxicas que poidan dificultar o seu control, especialmente se é un día de vento. Asemade, se iniciado o lume se producise a aparición de vento intenso, procederase a apagalo. Non se abandonará a vixilancia da zona da fogueira ata que o lume estea totalmente apagado.

 

Normativa de seguridade de obrigado cumprimento