Información pública da solicitude de Autorización Administrativa Previa, o Estudo de Impacto Ambiental dos seguintes parques eólicos: Parque Eólico Agratrina, Parque Eólico Agromaces, Parque Eólico Sistesas, Parque Eólico Ventoburgo e Parque Eólico Xestiloi.

DISPOÑIBLE MODELO DE ALEGACIÓNS. ( Descargar aquí)

Data límite para presentar as alegacións: Luns 14 de Xullo 2025

 

 

TITULO: Información pública da solicitude de Autorización Administrativa Previa, o Estudo de Impacto Ambiental dos seguintes parques eólicos: Parque Eólico Agratrina, Parque Eólico Agromaces, Parque Eólico Sistesas, Parque Eólico Ventoburgo e Parque Eólico Xestiloi, coas súas infraestruturas de evacuación.

PRAZO PRESENTAR ALEGACIÓNS: prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución. (BOPPO Mércores 28 de Maio 2025) / BOE Martes 27 de Maio 2025). Dirixidas á Dependencia da área de Industria e Enerxía da Subdelegación do Goberno en Pontevedra ou á Área Funcional de Industria e Enerxía da Subdelegación do Goberno na Coruña, a través do Rexistro Electrónico da Administración Xeral do Estado (https://rec.redsara.es) ou por calquera outro dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

Publicación no BOPPO num.100 do 28 de Maio de 2025 , Anuncio da Dependencia da Área de Industria e Enerxía da Subdelegación do Goberno en Pontevedra e da Área Funcional de Industria e Enerxía da Subdelegación do Goberno na Coruña, polo que se somete a información pública (IP) a solicitude de Autorización Administrativa Previa (AAP) e o Estudo de Impacto Ambiental (EsIA) do Parque Eólico Agratrina, de 56,24 MW, Parque Eólico Agromaces, de 60,67 MW, Parque Eólico Sistesas, de 55,92 MW, Parque Eólico Ventoburgo, de 59,85 MW, Parque Eólico Xestiloi, de 58,31 MW, e a súa infraestrutura de evacuación; todo iso situado nos termos municipais de San Cristovo de Cea, Vilamarín, Piñor, O Carballiño, O Irixo, Boborás, Beariz, Leiro, San Amaro, Cenlle, Ribadavia e Castrelo de Miño (Ourense), Forcarei, Cerdedo- Cotobade, A Estrada, Silleda e Rodeiro (Pontevedra), Chantada e Carballedo (Lugo). PEol-913 AC

 

Os parques que afectan ao termo municipal de Cerdedo-Cotobade son o parque eólico Ventoburgo e o parque Sistesas.

  1. Planos PE Sistesas no termo municipal.
  2. Planos PE Ventoburgo no termo municipal

 

Os Proxectos e Estudos de Impacto Ambiental das instalacións poden ser examinados a través da seguinte ligazón:

  1. https://run.gob.es/wvzPEol913AC_PROYECTOSyEsIA
  2. Presencialmente na Dependencia da área de Industria e Enerxía da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, sita en Praza de España, s/n, 36002, Pontevedra; esta consulta presencial requirirá de cita previa, que pode solicitarse a través do teléfono 986 98 92 35, en horario de 9h a 14h, ou do correo electrónico a industria.pontevedra@correo.gob.es
  3. Presencialmente na área Funcional de Industria e Enerxía da Subdelegación do Goberno na Coruña, Praza de Ourense, n.º 11, 15003, A Coruña; esta consulta presencial requerirá de cita previa, que pode solicitarse a través do teléfono 981 98 95 59, en horario de 9h a 14h, ou enviando un correo electrónico a industria.acoruna@correo.gob.es.

 

Publicación no BOPPO num.100 do 28 de Maio de 2025