BANDO: ATENCION SOCIO SANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIONS SOCIAIS

D. JORGE CUBELA LÓPEZ, ALCALDE – PRESIDENTE DO CONCELLO DE CERDEDO-COTOBADE (Pontevedra),
F A I S A B E R:
Que estando iniciadas as obras de construcción da nova Residencia de Maiores de Carballedo e tralo éxito acadado coa realización do primeiro curso de atención sociosanitaria desenvolto recentemente en Tenorio, este Concello en colaboración coa empresa especializada do sector Magnafor Qualitas SL, ten pensado solicitar unha nova edición da ACCION FORMATIVA PARA DESEMPREGADOS (CURSOS AFD) na seguinte especialidade:

ATENCION SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIONS SOCIAIS

O curso con titulación oficial, terá unha duración de 4 meses (450 horas), dará comezo no mes de outubro de 2025 e impartirase nas instalacións municipais e homologadas para tal fin do Centro Cultural de Tenorio, en horario de 9 a 14 horas e de luns a venres.
Para acceder a este curso que posibilita a consecución do correspondente certificado de profesionalidade, será necesario cumprir algún dos siguientes requisitos:

      • Título de Graduado en Educación Secundaria Obligatoria (ESO)
      • Certificado de profesionalidade de nivel 2.
      • Certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia.
      • Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou ben superar as correspondentes probas de acceso.
      • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou 45 anos.
      • Ter superadas as competencias clave

Esta titulación permitirá aos desempregados do Concello de Cerdedo-Cotobade participar nos diferentes procesos selectivos para insertarse no mercado laboral no sector sociosanitario (residencias de maiores de Galicia).
Para máis información e para formalizar a preinscrición previa, os interesados deben dirixirse á oficina do AXENTE DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL do Concello de Cerdedo-Cotobade previa cita no teléfono 986.75.30.06. O prazo de preinscrición será do 8 de xullo ao 31 de xullo de 2025.

 

Bando Completo