PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL (PIC) do Concello de Cerdedo-Cotobade

O vindeiro dia 13 de novembro porase en marcha o PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL (PIC) do Concello de Cerdedo-Cotobade que estará situado na Sede Administrativa de Carballedo nas oficinas da Casa Consistorial de A Chan nº 11.

O horario de atención ao público será de luns a venres de 9:00 a 13:00 horas.

Os servizos que se poderán prestar con este PIC serán os seguintes:

  • Servizo de consulta de datos catastrais non protexidos, certificación da referencia catastral e consulta da cartografía.
  • Servizo de consulta e certificación de datos catastrais protexidos, solicitados polos titulares catastrais, os seus representantes ou personas autorizadas debidamente por eles.
  • Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral.
  • Servizo de consulta para os titulares catastrais sobre información relativa ás solicitudes de axuda da última campaña da Política Agrícola Común (PAC) con relación ás parcelas rústicas da súa titularidade declaradas en aquelas solicitudes.
  • Servizo de consulta e certificación de datos catastrais protexidos por parte de titulares catastrais das parcelas colindantes, titulares ou cotitulares de dereitos reais, de arrendamento e aparcería así como por parte de herdeiros e sucesores nos termos establecidos no artigo 53.1 c), d) e e) do texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario.

Este servizo será totalmente gratuito.