O Concello pon en marcha a campaña NON SEXAS IGUAL DE TRASTE! NON OS ABANDONES para sensibilizar á cidadanía ante o abandono de residuos voluminosos e perigosos na via pública. O continuo abandono de residuos na vía pública ou en paraxes naturais e a entrega de residuos a terceiros non autorizados por parte da cidadanía supón un verdadeiro reto sobre o que o concello propúxose actuar a través dunha campaña de divulgación dos usos do punto limpo, punto limpo móbil e a recollida porta a porta de voluminosos.
O obxectivo é concienciar á cidadanía de Cerdedo-Cotobade de separar os seus residuos en casa e aumentar o bo uso dos servizos municipais de recollida. Unha das garantías para alcanzar un bo funcionamento do servizo require que os cidadáns se conciencien, por unha banda, sobre o abandono dos residuos e as súas consecuencias e por outra banda, dos servizos que teñen á súa disposición para evitar eses abandonos.
Resulta clave transmitir un alto coñecemento á poboación en materia de separación de residuos (por qué facelo) e os servizos a súa disposición (cómo facelo) mediante canles e actuacións de comunicación, participación e información. Para iso, repartirase un dossier informativo de todos os servizos de recollida de aveños e residuos perigosos do fogar, instalaranse 6 postes informativos en puntos conflitivos de abandono de residuos e publicitarase a campaña a través de cartelería en edificios públicos, web e redes sociais.
Esta campaña é financiada grazas á subvención solicitada ao Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia.



