Plan Mais Provincia 2025- Liña4. Redacción Proxecto “Senda Peonil En Viascon No Concello De Cerdedo-Cotobade”

O Concello de Cerdedo-Cotobade a través dunha subvención concedida ao abeiro do Plan Máis Provincia 2025 Liña 4 por importe de 10.363,88 €, procedeu á contratación da Redacción do proxecto de creación duna senda peonil en Viascón.

A zona de actuación atópase na parroquia de Viascón, no Concello de Cerdedo-Cotobade. O proxecto desenvolvido ten como ámbito de actuación un vial municipal na parroquia de Viascon que discorre desde a antiga N-541 ata o núcleo de Cabanelas.

A estrada conta cunha plataforma de aproximadamente 4 metros e carece de beiravías ou beirarrúas, polo que non conta con zonas adecuadas para o transito peonil ou ciclista.

As actuacións propostas consisten na creación dunha senda continua pola marxe esquerda cunha largura mínima de 2,5 m, salvo zonas puntuais. Así mesmo no inicio da actuación proxéctase outra senda na marxe dereita nunha lonxitude de 112 metros.

As sendas de ambas marxes conectaranse con dous pasos de peóns sobreelevados.

As lonxitudes da senda acadadas serán as que a continuación se indican.

Procederase tamén á renovación da drenaxe, do alumeado público e o soterramento dos servizos de subministro (baixa tensión e telecomunicacións).

En consecuencia, o presente proxecto de construción ten como finalidade definir e desenvolver as distintas unidades de obra, precisas para poder levar a cabo as obras correspondentes ás necesidades, definíndoas completamente na memoria, planos,
prego de prescricións técnicas particulares e orzamento.

O Orzamento base de licitación das obras obxecto deste proxecto ascendería á cantidade 997.519,23 €.

 

Anuncio en PDF