Axenda Urbana de Cerdedo Cotobade

Apreciado Veciño/a:

O Concello de Cerdedo Cotobade inicia os traballos de redacción da Axenda Urbana. Una Axenda Urbana é un documento inspirador, non normativo, que pretende consensuar os obxectivos e actuacións para un futuro sostible do noso pobo. É unha forma diferente de facer un plan estratéxico para o noso concello. Queremos idear novas fórmulas que resolvan os retos económicos e sociais que temos: favorecer a actividade económica e o emprego, mellorar os nosos servicios públicos e ser un lugar agradable no que vivir.

Para este proceso de reflexión é imprescindible contar coa túa visión, opinión e ideas.

Se queres saber algo máis sobre o que é unha Axenda Urbana podes consultar na web do Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana aquí.

Queremos contar contigo para coñecer a túa opinión. ¿Como?

A través deste formulario online que che achegamos: https://forms.gle/UmXzSxmMmdRtAxhYA

Si tes algunha dúbida a consultora que nos apoia neste proceso, está a túa disposición para aclarala, a través de este email hola@3cs.es

Entre todos construiremos un mellor futuro para Cerdedo Cotobade.

Agradecemos a Túa participación.

Jorge Cubela López

Alcalde de Cerdedo-Cotobade