Comunícase aos interesados que Supervisión y Control, a empresa encargada de levar ao cabo a inspección técnica de tractores agrícolas desprazará a súa unidade móbil a Cerdedo-Cotobade para a revisión dos mesmos.
DÍA: 02 de abril de 2025
HORARIO: de 9 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 pola tarde.
LUGAR: aparcadoiro do campo de fútbol das Extremas (Rebordelo).
Asinarase a hora de atención ao público chamando ao teléfono 981 92 80 80 ou a través da páxina web: www.sycitv.com – Cita previa.