O Concello deCerdedo– Cotobade levou a cabo un proxecto que cómo o propio título recolle consiste na MELLORA DO ESPAZO E DAS INFRAESTRUTURAS PÚBLICAS DENTRO DA ALDEA MODELO DE MOUTEIRA-PARADA.
A aldea modelo de Mouteira-Parada, recentemente aprobada (25-01-2022) presenta unha serie de deficiencias propias de moitas zonas do rural que precisan ser resoltas para axudar a cumprir cos obxectivos cos que naceu esta e calquera aldea modelo que son:
– Fixar a poboación e evitar a despoboación e abandono da zona.
– Mellorar a calidade de vida dos habitantes da aldea modelo relacionado de forma directa coa fixación da poboación.
– Recuperación de terras en estado de abandono e infrautilizadas coa incorporación das mesmas ao Banco de Terras de Galicia, de maneira que as persoas titulares reciban unha compensación económica anual durante o tempo de cesión, tempo durante o cal outras persoas interesadas en poñer en marcha unha explotación poderán poñer estas terras en produción .
– O conxunto de terreos recuperados funcionarán ademais como barreira natural fronte ao lume xa que serán os propios cultivos os que actúen como método de proteción, sen necesidade de rozar e limpar de forma periódica, algo que era necesario mentras estiveron en estado de abandono e/ou infrautilizados.
– Promover actividade económica ligada ao sector primario.
Agora ben, para cumprir estos obxectivos, todos eles moi interrelacionados entre sí, é necesario mellorar as condicións de vida dos seus habitantes para evitar así a despoboación e abandono da mesma. Polo que é necesario levar a cabo actuacións co obxecto da rehabilitación e recuperación arquitectónica e urbanística da aldea modelo que propicien a recuperación demográfica e a mellora da calidade de vida da súa poboación.
Trátase, en definitiva, de proporcionar á poboación rural desta nova aldea modelo os servizos e dotacións básicas que cubran as súas principais necesidades. Propiciando a implantación de actividades que poidan xerar emprego e fixar poboación, apoiando a implantación e mellora dos servizos á poboación rural e procurando satisfacer as novas necesidades dos habitantes e das empresas que se localicen nesas áreas rurales.
Así pois co proxecto de MELLORA DO ESPAZO E DAS INFRAESTRUTURAS PÚBLICAS DENTRO DA ALDEA MODELO DE MOUTEIRA-PARADA levaronse a cabo as seguintes actuacións que repercutirán de xeito directo sobre a vida dos habitantes da aldea modelo:
- Creación de beirarúas na aldea modelo para asegurar a integridade física dos viandantes, solucionada coa execución dunha zona delimitada para o uso dos viandantes. Mellorarase así a accesibilidade da zona posto que as zonas “destinadas” para o uso dos peóns eran as márxenes da estrada, que estaban en terra, maiormente cuberta cunha importante capa de vexetación o que provocaba que persoas con problemas de movilidade reducida non puideran desprazarse polas mesmas de forma autónoma.
- Instalación de rede de recollida e drenaxe de pluviais posto que a auga da choiva invadía a estrada e tamén as marxes das mesmas o que provocaba que resultase perigoso circular polas rúas encharcadas de auga e que os peóns acabasen empapados ao camiñar por zonas que en varios puntos estarían anegadas.
- Instalación de sinalización direccional que axuda aos visitantes da zona a orientarse.
- Creación dunha illa de contenedores que contará cun peche de madeira que os oculta e axuda a reducir o seu impacto visual.
- Rehabilitación e recuperación dun lavadoiro que se atopaba en mal estado e que non se integraba na zona rural onde se atopaba, de tal xeito que a mellora deste espazo incide positivamente na imaxe da zona, facendoa mais atractiva e axudando a desenvolver actividades económicas relacionadas co turismo activo.
- Creación de zonas de reunión e recreativas mediante a incorporación de mobiliario urbano, como bancos e conxuntos de mesas de pedra con bancos.