Cerdedo: 986 753 006 - Cotobade: 986 760 001

Cultura

A Cultura e as actividades culturais forman parte no crecemento e desenvolvemento de tódalas persoas, como individuos e como persoas que vivimos en sociedade.
A Concellería de Cultura encárgase da programación cultural e de ocio do concello e da posta en valor dos equipamentos culturais.

CENTRO CULTURAL CERDEDO
Rúa das Longas, 12. Cerdedo,36130 (Cerdedo-Cotobade)
Tel. 986753125

CENTRO MULTIUSOS CARBALLEDO
Chan, 12. Carballedo, 36856  (Cerdedo-Cotobade)
Tel. 986760913

PLAN CULTURAL MUNICIPAL

OBXECTIVO

O Concello de Cerdedo-Cotobade pretende con este Plan promocionar os actos e manifestacións culturais propias, e especialmente aquelas que teñen establecido unha raigame dentro do termo municipal.

¿A QUÉN VAI DIRIXIDO?

– Comisións de Festas, asociacións ou veciños que promovan actos culturais, festas patronais, ou outros eventos de importancia para a difusión e coñecemento das costumes, tradicións e outras actividades que promovan o coñecemento do Concello de Cerdedo- Cotobade.

– Agrupacións musicais con base no Concello de Cerdedo -Cotobade, para elo deberán de figurar no Rexistro de Asociacións do Concello de Cerdedo- Cotobade. Cada agrupación poderá inscribirse en diferentes grupos: baile, canto, música,…

PRAZO DA SOLICITUDE:
  • Inclusión de Grupos. Os grupos deben formar a súa inclusión no Programa no prazo dun mes desde o día seguninte á publicación da convocatoria no BOP de Pontevedra
  • Solicitude por parte das Comisións de Festas. Estará aberta durante todo o ano.
  •  Solicitude de grupos acollidos
  •  Bases plan cultural 2017

CENTRO CULTURAL DE CERDEDO

Rúa das Longas, 12. 36130 – CERDEDO – Tlf: 986 75 31 25

O Concello de Cerdedo-Cotobade  dende o ano 2010 conta  cun moderno Centro Cultural que consta de Auditorio, Museo/sala de exposicións, Biblioteca Municipal e Edificio Multisocial donde se desenvolven tanto actividades culturais organizadas polo propio Concello como por Asociacións ou agrupacións veciñais que o necesiten.

Realizase unha programación e coordinación dunha variada axenda cultural ó longo do ano no Auditorio Municipal que conta cunha capacidade para 200 espectadores: Representacións teatrais, Proxección películas (infantil / adulto), Concertos, festivais musicais, Humor…

Características técnicas del auditorio (pdf.)

AS FOLLAS AO AIRE

¿QUE É  “AS FOLLAS AO AIRE”?

É un proxecto de promoción da lectura, que conta cunha distribución de libros, tanto para adultos/as como para nenos/as, en diversos puntos de valor patrimonial e paisaxístico do termo municipal. Ademáis os libros elexidos, teñen relación coa historia do concello.

¿CAL É O OBXETIVO DESTE PROXECTO?

O obxectivo deste proxecto é fomentar e promocionar a lectura entre maiores e cativos/as dun xeito mentres gozan da natureza, preténdese unha nova forma de conectar dous ámbitos esenciais nas persoas.

Libros para adultos

Que me queres amor | Manuel Rivas

Os dous de sempre | Alfonso D.R. Castelao

A república dos soños | Nélida Piñón

Herba moura | Teresa Moure

O lapis do carpinteiro | Manuel Rivas

Cantigueiro de Cotobade | Antonio Fraguas

Manuel María. Antoloxía poética | Darío Xohán Cabana

Follas novas | Rosalía de Castro

Memorias dun neno labrego | Xosé Neira Vilas

Terras de Cotobade | Xosé Fortes Bouzá

Libros infantís

Morgun | Suso de Toro

Palabras de Caramelo | Gonzalo Moure

Galego á beira do mar | Juan Farias

Os Barbanzóns | Pepe Carreiro

O Samaín | Autores Varios

O bigote de Mimi | Manuel María

O carballo con botas | Anxo Moure

Escarlatina, a cociñeira defunta | Ledicia Costas

Os Bolechas | Pepe Carreiro

O misterio dos fillos de Lúa | Fina Casalderrey

Horario de atención ao público INVERNO (do 16 de setembro ata o 01 de xullo)

  • LUNS: de 15:30 a 20:00 horas.
  • MÉRCORES: de 15:30 a 20:00 horas.
  • VENRES: de 15:30 a 20:00 horas.

Horario de atención ao público VERÁN  (do  01 de xullo ata o 16 de setembro)

  • LUNS: de 10:00 a 14:00 horas
  • MÉRCORES: de 10:00 a 14:00 horas
  • VENRES: de 10:00 a 14:00 horas

Horario INVERNO (do 16 de setembro ata 15 de xuño)

  • LUNS: de 16:30 á 20:30 horas
  • XOVES: de 16:30 á 20:30 horas
  • SÁBADO: de 10:00 á 11:45 horas

Horario  VERÁN (do 01 de xullo ata o 16 de setembro)

  • LUNS: de 9:45 á 13:30 horas
  • XOVES: de 9:45 á 13:30 horas

Horario INVERNO (do 16 de setembro ata 15 de xuño)

  • MIÉRCOLES: de 16:30 á 20:30 horas
  • VENRES: de 16:30 á 20:30 horas
  • SÁBADO: de 12:15 á 14:00 horas

Horario VERÁN (do 16 de xuño ata o 15 de setembro)

  • MÉRCORES: de 9:46 á 13:30 horas
  • VENRES: de 9:46 á 13:30 horas.
  • SÁBADO: de 12:15 á 14:00 horas.

SERVIZOS
  • Información e consulta do fondo bibliográfico.
  • Sala de lectura con conexión wifi.
  • Préstamo domiciliario de ata 3 obras para lectura na casa cun prazo máximo de devolución de 15 días.
  • Equipos multimedia con acceso a internet de forma gratuita, que posibilita a realización de traballos, deberes,…
  • Espazo deseñado para os máis pequenos, un espazo lúdico de aprendizaxe e lectura para os nenos/as de menor idade.

CARNÉ DE SOCIO
  • Para o servizo de préstamo e devolución de material  é necesario dispor do Carné de Socio.
  • A súa adquisición é gratuita e só é necesario a presentación do DNI.
  • Non hai límite de idade.
  • Servizo Gratuito.