Coidados porta a porta

Unha vez máis presentámosvos un programa dirixido a tódalas persoas maiores de 55 anos de forma gratuita, que vai a estar no noso concello os días 17, 18 e 19 de abril de 2023 na praza do Concello en Cerdedo, do cal vos podedes beneficiar sempre solicitando cita previa nos teléfonos 622 748 283 e 623 546 992.

Os servizos que se ofrecen son:

    •  Podoloxía: no cal se fai unha valoración do estado dos pes, un corte e limpeza de uñas, eliminación de durezas, callos, …
    •  Audioloxía: valoración e exploración funcional da audición e prevención da pérdida auditiva.
    •  Estimulación da memoria onde un profesional realizará unha valoración cognitiva e proporcionará pautas desde unha perspectiva terapéutica de como prevenir e aminorar o deterioro.