Inclusión Social
Na área de Inclusión Social traballamos para que as persoas teñan as mesmas oportunidades e recursos e así poidan participar plenamente na comunidade en condicións de igualdade. Co fin de lograr este obxectivo, asesoramos e mesmo tramitamos os seguintes recursos:
-
- Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA)
- Programa de Axuda no Fogar
- Axudas para situacións de Emerxencia Social da Xunta de Galicia (AIS): Prestación social de carácter periódico destinada a garantir recursos básicos de subsistencia solicitados á Xunta de Galicia.
- Programa Xantar na casa
- Axudas básicas de emerxencia da Dip. Pontevedra
- Alimentos Cruz Vermella: Repartición de alimentos procedentes de excedentes de produción da Unión Europea dirixidos a familias en situación económica precaria.
Ademáis o equipo de Servizos Sociais asesora sobre as prestacións socioeconómicas, recursos de vivenda e de emprego ofertados por outras administracións e/ou entidades ás que poidas ter dereito. Entre elas, cabe destacar a Renda Activa de Inserción (RAI).
Maiores
- Solicitude de Pensión non contributiva de xubilación (PNC)
- Servizo de Axuda a Domicilio (SAD):
- Pretende facer fronte ás situacións de necesidade motivadas pola falta de autonomía persoal, previndo situacións graves de deterioro persoal ou illamento.
- Inclúe todas aquelas actividades que se dirixen o usuario do servizo cando este non poida realizalas por si mesmo ou cando precise: apoio no aseo e coidado persoal, axuda para comer, control da medicación, acompañamento en xestións, limpeza e mantemento do fogar, compra e preparación de alimentos, coidado da roupa, servizo de compañía dentro e fora do fogar.
- Documentación a aportar:
1.- Fotocopia do DNI do núcleo de convivencia.
2.- Fotocopia do libro de familia, segundo o caso
3.- Tarxeta sanitaria, do núcleo de convivencia
4.- Fotocopia da Declaración da Renda ou xustificante negativo de Facenda no caso de non presentala
5.- Certificado de ingresos do núcleo de convivencia
6.- Certificado de base impoñible (autónomos)
7.- Fotocopia do recibo do arrendamento ou da contribución
8.- Certificado de empadroamento do núcleo de convivencia
9.- Informe médico do solicitante e demais membros que conviven segundo o caso
- Banco Municipal de Axuda Técnicas
- Acollemento familiar para persoas maiores
- Programa Xantar na casa
- Termalismo Social – Imserso
- Benestar en Balnearios
- Xuntos polo Nadal
- Programa de Teleasistencia Domiciliaria:
Servizo prestado en convenio coa Deputación Provincial, que consiste na instalación dun terminal no domicilio, co fin de que a persoa poida, con solo pulsar un botón, solicitar axuda ante calquera situación de emerxencia, para entrar en contacto verbal con unha central telefónica de CLECE as 24 horas do día, os 365 días do ano, na que se atende a súa demanda por persoal especializado e si é preciso, o desprazamento o seu domicilio si a situación así o require.
O Servizo de Teleasistencia Domiciliaria, pretende mellorar a calidade de vida dos usuarios/as permitindo as persoas que non precisen de coidados permanentes, continuar no seu domicilio habitual e no entorno no que se desenvolve a súa vida, coa tranquilidade de que ante calquera risco ou emerxencia van a ser atendidas con rapidez.
Prestacións: atención inmediata de alarmas (emerxencias sanitarias e sociais); servizo de axenda para comunicarlle o usuario datos ou aspectos importantes que non debe esquecer (visitas médicas, administración de medicamentos,…); seguimento permanente desde CLECE.
Dirixido a...
Persoas que por motivos de saúde, idade, invalidez ou illamento, encóntranse en situación de alto risco que fai precisa unha atención continuada.
Documentación a aportar:
-
- Fotocopia do DNI do núcleo de convivencia
- Fotocopia do libro de familia, segundo o caso
- Tarxeta sanitaria, do núcleo de convivencia
- Fotocopia da Declaración da Renda ou xustificante negativo de Facenda no caso de non presentala
- Certificado de ingresos do núcleo de convivencia
- Certificado de base impoñible (autónomos)
- Fotocopia do recibo de arrendamento ou da contribución
- Certificado de empadroamento do núcleo de convivencia
- Informe médico do solicitante (impreso específico que se lles facilitará no departamento de Servizos Sociais).
Dependencia
Desde os Servizos Sociais ofrecese toda a información, asesoramento e xestións precisas para poder acceder aos recursos e prestacións que o Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia oferta ás persoas que o necesitan co fin de favorecer a súa autonomía e benestar:
-
- Valoración e recoñecemento da situación de dependencia nos supostos de emerxencia social.
- Valoración e recoñecemento da situación de dependencia para menores de 3 anos.
- Valoración e recoñecemento da situación de dependencia para maiores de 3 anos.
- Elaboración do PIA / Seguimento do PIA
- Programa de asignación de recursos (PAR)
- Programa de Respiro Familiar para coidadores de persoas en situación de dependencia
- Servizo de axuda no fogar para persoas en situación de dependencia
- Servizo de atención diurna para persoas en situación de dependencia
- Servizo de atención residencial para persoas en situación de dependencia
- Xantar na casa
- Servizo de Teleasistencia da Comunidade Autónoma de Galicia para persoas en situación de dependencia
Discapacidade
Para as persoas que presentan algún tipo de discapacidade, as xestións e prestacións que se levan a cabo dende Servizos Sociais son:
-
- Pensión non Contributiva de Invalidez (PNCi)
- Complemento de Terceira Persoa
- Complemento para titulares de PNC que residan nunha vivenda alugada
- Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA)
- Axudas de inclusión social (AIS)
- Servizo de axuda no fogar
- Recoñecemento do grao de discapacidade
- Programa de Acollemento Familiar de persoas con discapacidade
- Programa de Respiro Familiar para coidadores de persoas en situación de dependencia
- Tarxeta de estacionamento
- Termalismo Social – IMSERSO
- Vacacións – IMSERSO
- Campamentos de verán
Os Servizos Sociais prestarán asesoramento sobre prestacións e programas que se oferten dende outros organismos.
Familia e Infancia
As familias poden achegarse aos Servizos Sociais do Concello para xestionar:
-
- Axudas de inclusión social (AIS)
- Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos
- Título de Familia Numerosa
- Carné familiar
- Programa de axuda no fogar
- Acollemento Familiar
- Campamentos de verán (Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia e Municipais).
Ofrecerase información sobre outras prestacións e programas dependentes doutros organismos vinculados coa familia e a infancia como a prestación familiar por fillo a cargo da Seguridade Social…
Mulleres
-
- Axudas de inclusión social (AIS)
- Axuda económica para mulleres vítimas de violencia de xénero
- Prestacións periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero
Os Servizos Sociais prestarán asesoramento sobre prestacións e programas que se oferten dende outros organismos.
Migracións
Os Servizos Sociais ofertan á poboación procedente doutros países accións e intervencións de:
-
- Acollida e Integración da poboación inmigrante, a través da información, xestión e asesoramento sobre recursos e prestacións da comunidade.
- Informe Municipal de arraigo social.
No caso de poboación emigrante retornada, dende os Servizos Sociais ofértanse:
-
- Axudas destinadas a atender situacións de extraordinaria necesidade dos españois retornados.
- Pensión asistencial por ancianidade para españois de orixe retornados.
- Axudas extraordinarias a emigrantes galegos/as retornados/as.
- Axudas para a realización de viaxes por razóns de interese social, asistencial ou humanitario.
En ambos casos, informamos e asesoramos sobre outras prestacións e programas dos que as persoas poidan ser beneficiarias e que dependen doutros organismos públicos ou entidades.
Poboación en Xeral
Os Servizos Sociais estamos abertos á comunidade e todas as accións que desenvolvemos dende o departamento van dirixidas a toda a poboación, á comunidade que convive na nosa contorna.
Neste senso, ofertamos o asesoramento á cidadanía sobre prestacións e programas de vivenda, saúde, xustiza, formación, centros, emprego, desenvolvemento comunitario, asociacións sen ánimo de lucro e entidades, co fin de garantir o exercicio dos dereitos sociais e universais da cidadanía.