Plan de Igualdade Cerdedo-Cotobade

Cando se fala de igualdade estamos a facer referencia ánecesidade de garantir o acceso de todas as persoas aos benmateriais ou inmateriais que nunha sociedade se xeran.

Estamos afalar dun principio xurídico universal. Mentres que a igualdade de xénero ten o carácter de meta, isto é,de situación ideal a conseguir, a equidade configúrase como a ferramenta ou o proceso para axilizar a consecución da igualdade.

Se a equidade é o proceso, as accións positivas serían os pasos necesarios para percorrer o camiño.

Dado que, como sinala o Comité para a Eliminación da Discriminación contra a Muller da ONU (CEDAW), “un enfoque xurídico ou programático puramente formal, non é suficiente para lograr a igualdade de facto da mullerco home”, os gobernos, as institucións e as organizacións deben poñer en marcha medidas concretas que promovan diminuír as desigualdades existentes, educar á cidadanía en perspectiva de xénero e prestar apoio ás mulleres para reducir a discriminación de xénero.

Fundamentación

A desigualdade por razón de sexo responde a problemas estruturais que afectan a toda a sociedade; por iso, os esforzos das administracións públicas para a consecución da igualdade real son fundamentais. Neste sentido, o Concello de Cerdedo-Cotobade crea este Plan de Igualdade como ferramenta para marcar un camiño cara a equidade de xénero. O artigo 14 da Constitución española proclama o dereito á igualdade e á non discriminación por razón de sexo.

Por outra banda, o artigo 9.2 consagra a obligación dos poderes públicos de promover as condicións para que a igualdade do individuo e dos grupos nos que se integra sexan reais e efectivas.

Ofrecemos información, orientación e asesoramento sobre os dereitos e recursos sociais, realizando o estudo, avaliación e diagnóstico das demandas recibidas, así como a súa derivación cara os servizos sociais especializados.