REFORMA INTEGRAL da Casa do Concello de Cerdedo-Cotobade

O Concello de Cerdedo-Cotobade, á vista do establecido nas Bases Reguladoras e convocatoria de subvencións a entidades locais da provincia de Pontevedra con poboación inferior a 50.000 habitantes para o financiamento dos gastos derivados da presentación de candidaturas de proxectos subvencionables ao abeiro da convocatoria do PIREP LOCAL (BOPPO nº 60, luns 28 de marzo de 2022) obtivo unha subvención por importe total de 4.803,70 € para o proxecto de REFORMA INTEGRAL DA CASA DO CONCELLO DE CERDEDO-COTOBADE que obtivo unha subvención ao abeiro do programa REACPON da Deputación Provincial de Pontevedra, e presentou a súa candidatura ao PIREP LOCAL (Orde TMA/178/2022, de 28 de febreiro, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de axudas para a rehabilitación de edificios de titularidade pública e a convocatoria para a presentación de solicitudes polo procedemento de concorrencia competitiva no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia).

DESCRIPCIÓN DAS ACTUACIÓNS

Dentro dos gastos derivados da presentación de candidaturas ao PIREP LOCAL, incluense as seguintes actuacións:

– Adaptación da documentación do Proxecto Básico e de Execución ás esixencias de presentación do Plan PIREP.

– Realización de documentación específica, como o cronograma, preparación do orzamento, cubrición de instancias, memorias, declaracions responsables, etc.

– Desprazamento de personal da empresa ás dependencias municipas para tarefas de apoio na subida de documentación á plataforma do MITMA.