Proxecto De Melloras De Viais Públicos Da Aldea Modelo De Mouteira-Parada

O Concello de Cerdedo-Cotobade ao abeiro da Resolución do 19 de decembro de 2023 aprobáronse as bases reguladoras e se convocaron as subvencións para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia (DOG núm. 37, do 21 de febreiro), realizou o proxecto de Mellora de Viais Públicos da Aldea Modelo de Mouteira-Parada consistentes en:

  • Demolición de sección de firme de aglomerado asfáltico de 25 cm de espesor medio.
  • Levantado e canalización de formigón de augas pluviais e corte de pavimento de aglomerado asfáltico.
  • Desbroce e limpeza dos bordes dos camiños, limpando a vexetación dos mesmos.
  • Colocación de colector soterrado, con reforzo baixo calzada, formado por tubo de formigón en masa de 300 mm de diámetro para a canalización das augas pluviais.
  • Instalación de provisión de redes mediante colector de augas residuais de PVC de 200 mm de diámetro e canalizacións en tubería de polietileno de 100 mm de diámetro exterior para a rede de abastecemento de auga domiciliaria, e canalizacións en tubo corrugado para redes de alumeado público, baixa tensión e rede de telecomunicacións, con arquetas no inicio da actuación, no final de cada un dos camiñosn e no encontro entre estes dous camiños.
  • Pavimento continuo exterior de formigón armado, con xuntas, de 10 cm de espesor, realizado con formigón HAF-25/CR/F/20/XC2.
  • Franxas laterais de pavimento de adoquíns de pedra natural, en exteriores, realizado sobre firme con tráfico de categoría C3 (rúas comerciais de escasa actividade, menos de 15 vehículos pesados por día) e categoría de explanada E2 (10 <= CBR < 20), mediante a colocación flexible, cun grado de complexidade do aparello baixo, de adoquíns de granito Silvestre, de 10x10x10 cm, con acabado abuxardado na cara vista e aserrado nas outras caras.