Ensanche E Pavimentación No Lugar De Veiguiña Do Medio (Santa María De Sacos)

PLAN DE MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A PARCELAS AGRÍCOLAS 2024-2025 (MR701E)

Con estas actuacións preténdese a mellora da drenaxe, ensanche e mellora da pavimentación dos viais de titularidade municipal que proporcionan acceso a parcelas agrarias no lugar de Veiguiña do Medio.

  • Tramo 1 : realización dunha limpieza de marxes e apertura de cunetas existentes ao longo dos 515,00 metros de lonxitude. Demolición de diversos muros de peche e muros de contención existentes ao longo do trazado do camiño. Procederáse á realización dos movementos de terras necesarios para conseguir as novas aliñacións, así como para preparar a base de asento dos novos muros e cerramentos que se deberán executar en retranqueo dos existentes. Reposición na nova aliñación dos muros de contención retirados, execución de muros de mampostería de pedra granítica con acabado rústico na súa cara vista. Á súa finalización levaráse a cabo o recheo localizado do trasdós dos mesmos con material seleccionado. Reposición dos cerramentos demolidos e execución de novos muros de mampostería granítica ordinaria con dúas caras vistas. Execución dun tramo de 70,00 metros de lonxitude de cuneta realizada con media caña de tubo de formigón prefabricado de 40 cm de diámetro. Tamén se prevé a e
    xecución dun tramo de 56,00 metros de canalización de sanemento de augas pluviais soterrada con tubería de PVC de 250 mm de diámetro, clase SN-4, colocación de sumidoiros, que finalizará nunha arqueta de rexistro de 100x100x100 cm á que se dotará dunha rexilla superior de 100×100 cm realizada con entramado metálico tipo Tramex.
    Execución de nova capa de rodadura mediante a estensión e compactación dunha capa de 5 cm de mezcla bituminosa en quente tipo AC 16 Surf 50/70 D na totalidade do camiño. Nas zonas en que sexa necesario aplicarase previamente unha capa de regularización de 1cm medio de espesor co mesmo material bituminoso.

 

  • Tramo 2: As obras comezarán coa limpeza de marxes e apertura de cunetas existentes ao longo dos 147,00 metros de lonxitude que abarca a actuación. Para a execución dos pequenos ensanches a realizar neste tramo 2, comezarase por traballos de apertura de caixa para asentamento posterior do firme. En toda esta superficie estenderase e se compactará con motoniveladora unha base de zahorra artificial de 20 cm de espesor. Tras estas labores procederase á pavimentación do tramo, para o que se empleará un firme de formigón en masa HM-20/P/40/IIa de 15 cm de espesor armado cunha malla de aceiro electrosoldada B 500 S de 15×15 cm e 5 mm de diámetro. Unha vez completado o pavimento será preciso proceder ao recrecido de tapas de rexistro.