Prealerta De Escaseza De Auga Na Conca Do Rio Lerez.

O abastecemento municipal está a rexistrar consumos moi elevados e somos coñecedores de que distintas traídas veciñais de auga están a sufrir escaseza de auga e aplicando restricións de consumo.

FAISE NECESARIO MODERAR E FACER UN CONSUMO RESPONSABLE DA AUGA, de xeito que podamos garantir o abastecemento doméstico básico.

As recomendacións pasan por non usar a auga para regos de xardíns, exceso de regos de hortas, lavado de coches particulares, terrazas e enchido de piscinas. Promover accións básicas como pechar a billa durante o cepillado ou elixir ducha en vez de bañeira.

Instar ás empresas a minimizar o seu consumo e adoptar medidas de aforro.

De manterse o exceso de consumo nas redes municipais, procederase ao control diario de contadores e a adopción de medidas de cortes no subministro.

PREGAMOS CONCIENCIACIÓN E USO RACIONAL E SOSTIBLE.

 

Ver Bando en Pdf.