Actualización: Listado de Admitidos. Concilia Verán 2025. DIRIXIDAS A NENOS/AS DE 4 A 12 ANOS.

ACTUALIZACIÓN:

Listado de Admitidos!


  Cerdedo                     Tenorio                          Carballedo


 

“Concilia Verán” é un programa de conciliación da vida laboral e familiar que o Concello de Cerdedo-Cotobade leva a cabo durante os meses de xullo e agosto co obxectivo principal de facilitar que as familias poidan compatibilizar a súa vida laboral  e o coidado dos menores mediante unha alternativa educativa e de ocio.

Este programa se rixe polo “REGULAMENTO ORGANIZATIVO DOS PROGRAMAS E ACTIVIDADES DE CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL DO CONCELLO DE CERDEDO-COTOBADE” publicado no BOP nº 153 de data 07/08/2024.

Na súa programación inclúense actividades divertidas e educativas que combinan o xogo con actividades creativas, deportivas e de reforzo da lingua galega e inglesa, fomentando o traballo en grupo,  a educación en valores e hábitos saudables.

TIPO DE ACTIVIDADES

  • Xogos de agora e de sempre : tradicionais, populares, musicais, cooperativos, língüisticos…
  • Actividades deportivas e  psicomotrices: Carreiras, saltos, equilibrios, relevos, mini partidos…
  • Xogos en gran grupo: de pistas, procura do tesouro, festa da auga.
  • Obradoiros: Cociña, pintura, barro, experimentos, papiroflexia, maquillaxes…
  • Actividades lúdicas en galego: Para o reforzo da lingua a través de xogos, de vocabulario, expresión oral.
  • Animación á lectura: lectura de contos, contacontos, teatriños…
  • Saídas: roteiros pola natureza e visitas a centros de interese da contorna.

 

CALENDARIO E HORARIO
Carballedo  Xullo e Agosto De luns a venres de 9:00 a 14:00
Tenorio

Cerdedo

Xullo e Agosto

Xullo e  Agosto

De luns a venres de 9:00 a 14:00

De luns a venres de 9:00 a 14:00

Poderá solicitarse ampliación dos horarios en media hora entrada ou saída.

INSCRICIÓN DOS/DAS PARTICIPANTES
A inscrición* farase a través do modelo de solicitude normalizado, e deberán presentarse por algunha das seguintes vías:

  • Na OMIX de Carballedo
  • No Departamento de Servizos Sociais de Cerdedo
  • A través da Sede Electrónica do Concello de Cerdedo-Cotobade

PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: DO 2 AO 19 DE XUÑO

*Inscricións por orde de achega ata cubrir prazas. Terán prioridade os menores empadroados no Concello de Cerdedo-Cotobade.

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR  UNHA VEZ CONFIRMADA A PRAZA
Unha vez confirmada a praza dende o Concello mediante sms, cada participante  deberá achegar, no prazo de 3 días, a seguinte documentación:

    •  Fotocopia do DNI do pai/nai/titor/a
    •  Fotocopia da tarxeta sanitaria
    •  Xustificante de pago
    • Informe saúde (no caso de diversidade funcional)

 

Prezo 40,00 €/ mes Prazas limitadas

O Concello  resérvase o dereito a anular unha ou mais actividades se non se cubre o mínimo de  participantes por grupo.
Poden acceder a concilia rapaces que non teñan cumpridos os 4 anos, sempre que cursaran educación infantil no CEIP no ano anterior e sexan totalmente autónomos.

A cota é mensual, non admitindo fracción.

INFORMACIÓN
Na Oficina OMIX – sede Carballedo      Tfno.: 986760001

No Dpto. Servizos Sociais – sede Cerdedo    Tfno.:  986753006

www.cerdedo-cotobade.gal

 

Díptico Concilia Verán