O Concello de Cerdedo-Cotobade percibe una subvención de 169.651,63 € da Deputación Provincial de Pontevedra ao abeiro da liña 3: emprego do Plan Concellos anualidade 2023.
A este importe, o Concello fai una aportación municipal de 61.000 € para contratar a 20 traballadores desempregados por un periodo de 7 meses.
Os traballos máis salientables que realizarán por ocupacións son:
- ENCOFRADORES
- Tarefas básicas de reparacións urxentes
- Pavimentacións en formigón
- Muros de cerramento
- PODADOR, DESBROZADOR E MOTOSERRISTA FORESTAL
- Tarefas de limpeza e desbroce de rutas sendeirismo
- Acondicionamento de zonas verdes e naturais
- CONDUCTOR-OPERADOR DE MAQUINARIA FORESTAL A MOTOR
- Conducción tractores municipais para desbroces e limpeza de parcelas de titularidade municipal.
- CONDUCTOR CAMIÓN
- Conducción do camión.
- PINTORES DE VIAS URBANAS
- Tarefas de pintado de vías e dependencias municipais.
- Mellora da sinalización horizontal en estradas de titularidade municipal.
A posta en marcha destes servizos será a partires do 1 de abril de 2023, tras a realización do correspondente proceso selectivo.