As actuacións contempladas neste documento serán acometidas gracias ao importe subvencionable previsto no “Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2021-2022″, aprobado por resolución do 28 de decembro de 2020 para a concesión directa, mediante resolución das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais 2021-2022, publicada no DOGA de 29 de xaneiro de 2021.
As actuacións contempladas consisten na Mellora de accesos en Ceraxe (Aguasantas). Conta cunha lonxitude de 2.530 m e un ancho de 4,50 m nos primeiros 500 m do Tramo 1 e de 4,00 m no resto do vial, o presente proxecto desarrolla o saneo e posterior pavimentación dun camiño municipal existente no lugar de Ceraxe (Aguasantas). As actuacións realizaranse divididas en dous tramos, e os traballos son os seguintes: Comenzarase executando unha limpeza de marxes con apertura de gavias ao longo dos 1.500 metros do Tramo 1 e 1.030 metros do Tramo 2.
Nos primeiros 500 metros do Tamo 1, o ancho do vial é escaso, polo que se plantexa aproveitar o espazo do camiño non pavimentado mediante a execución dunha tira de ensanche. Nesa zona realizarase unha apertura de caixa para logo estender e compactar unha base de zahorra artificial de 0,20 m de espesor; a tira de ensanche terá unha lonxitude de 500 m e un ancho de 0,80 m.
Para a pavimentación definitiva estenderase e compactarase unha capa de 5 cm de espesor de mezcla bituminosa en quente tipo AC 16 Surf 50/70D. A superficie total a pavimentar será de 10.450 m², dando así por concluídas as actuacións correspondentes a este proxecto de construcción.
ORZAMENTO ACEPTADO | 92.838,50 € | |
% AXUDA | 99,74 % | |
IMPORTE AXUDA |
92.596,00 € |
|
Anualidades |
Anualidade 2021
(50 %) |
Anualidade 2022
(50 %) |
46.298,00 € | 46.298,00 € |