Desbroces nas Liñas Eléctricas de Media e Alta Tensión

Comuniciación de NATURGY polas labores de xestión da biomasa nas franxas das liñas eléctricas de media e alta tensión do Concello de Cerdedo-Cotobade.

En cumprimento da Lei 7/2012 de Montes de Galicia, e conforme ao indicado na súa disposición final primeira, pola que se modifica a Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, comunicámoslle as instalacións sobre as cales UFD DISTRIBUCIÓN ELECTRICIDADE S.A. pretende levar a cabo actuacións de xestión de biomasa nese Concello.

Lembrámoslle que nas liñas de distribución de enerxía eléctrica deberá xestionarse a biomasa nunha franxa de 5 metros desde a proxección dos condutores eléctricos máis externos, considerando a súa desviación máxima producida polo vento segundo a normativa sectorial vixente. Ademais, na devandita franxa non poderá haber árbores das especies indicadas na disposición transitoria terceira da Lei 3/2007. Polo anteriormente indicado, achéganse os planos correspondentes ao trazado das liñas onde se van a realizar os labores de xestión de biomasa para que se publiquen no taboleiro de edictos do Concello e a efectos de que os propietarios dos terreos, se é do seu interese, poidan executalas previamente. Se transcorridos 15 días desde esta publicación o propietario do terreo non efectuou os labores de xestión de biomasa indicadas, UFD DISTRIBUCIÓN ELECTRICIDADE S.A. procederá á súa realización.