CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE CERDEDO-COTOBADE PARA A EXECUCIÓN DA ACTUACIÓN DENOMINADA “HUMANIZACIÓN E MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS EN NÚCLEO DOS CASTROS”, NO MARCO DO PROGRAMA PROVINCIAL DE INFRAESTRUTURAS E DOTACIÓNS SINGULARES PARA A EXECUCIÓN DA AXENDA 2030-PROGRAMA PON2030
O Concello de Cerdedo-Cotobade e a Deputación Provincial de Pontevedra acaban de rematar as obras obxecto do Covenio asinado para a HUMANIZACION E MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS EN NÚCLEO DOS CASTROS na parroquia de Quireza que consistiron en:
- Traballos previos e demolicións: Demolicións do pavimento de mestura bituminosa existente e demolicións de sumidoiros existentes.
- Movemento de terras: Escavacións de gabias, escavación da superficie para formación de esplanada, recheo das gabias con material da escavación e posterior carga e transporte do material sobrante.
- Firmes e pavimentos: Combinación de diferentes tipos de pavimentos, un eixo central en formigón HP-40 e bordos de calzada en lastro de granito de 10x10x10 cm. A base do firme é de formigón magro e a subbase de saburra artificial.
- Redes de servizos: Executouse a renovación da rede de saneamento de pluviais incluídos novos imbornais sifónicos, unha nova rede de alumeado público e a renovación da rede de abastecemento con tubaxe de PE de 63 mm.
O importe das obras executadas acadaron a cantidade de 260.000,00 €, do cales 221.000,00 € foron financiados pola Deputación Provincial de Pontevedra.
As actuación realizadas tratan de contribuír na medida do posible os principios expostos polos 4 eixos nos que se basea o proxecto:
- Axenda 2030
- Resolución do 29 de abril de 2021, da Subsecretaría, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros do 27 de abril de 2021, polo que aproba o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
As actuacións propostas, ao aumentar o espazo peonil fronte o rodado, e o dotalo dunha maior calidade contribúen á creación dun ámbito urbano de calidade no que as persoas desenvolvan a súa vida e as súas relacións sociais con seguridade. A súa vez, como non pode ser doutra maneira, os destinatarios prioritarios son as persoas, fixando como obxecto garantir a mobilidade peonil, a cal estará por diante na prioridade sobre outros modos de transporte.
Tamén se ten en conta a mobilidade inclusiva garantindo a accesibilidade universal aos espazos públicos, promovéndoos como elementos de equidade e inclusión social. Aténdese de xeito prioritario ás necesidades dos colectivos máis vulnerables.
Promóveuse unha mobilidade activa fronte á motorizada creando espazos de preferencia peonil. Así mesmo, a seguranza viaria será unha prioridade, xa que se incentiva o calmado do tráfico.
Esta redución da presenza de vehículos a motor e o fomento da mobilidade activa servirá para construir unha sociedade máis saudable, e o mesmo tempo contribuirá a reducir as emisións de carbono, e a contaminación local.
Dunha maneira indirecta, a potenciación dun espazo público de calidade e a presenza de persoas nas rúas servirá de fomento do comercio local, ao localizarse as actuacións nas proximidades do mercado local.
Tamén se contribúe a reducir a carbonización da atmosfera tanto o reducir o tráfico rodado (feito que tamén é importante para diminuír a contaminación local de gases como o NOx), como o instalar novas luminarias LED cun gasto enerxético menor que as actuais.
A maiores de todo o xa mencionado ao mellorar os espazos públicos dun concello como Cerdedo- Cotobade, faise máis atractivo para a poboación, contribuíndo a frear o éxodo cara as cidades, e incluso podendo atraer novos habitantes.
En conclusión, as actuacións executadas no núcleo de Os Castros, están enfocadas a contribuír no percorrido dun camiño cara unha mobilidade e espazos urbanos sustentables e inclusivos.
A aplicación destes obxectivos é un gran reto, difícil pero non imposible, e constitúe unha gran oportunidade de avanzar cara o futuro