Concilia verán 2023. DIRIXIDAS A NENOS/AS DE 4 A 12 ANOS

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS INFORMACION DE INTERESE

O Concello resérvase o dereito a anular unha ou mais ludotecas se non se cubre o mínimo de participantes por grupo
A cota é mensual, non admitindo fracción.

CALENDARIO E HORARIO

  • Carballedo   – Xullo e Agosto   – De luns a venres de 9:00 a 14:00
  • Tenorio   -Xullo e Agosto    – De luns a venres de 9:00 a 14:00
  • Cerdedo    – Xullo e Agosto   – De luns a venres de 9:00 a 14:00

*PREINSCRICIÓN DOS/DAS PARTICIPANTES
Presentación de fichas de inscrición*:

  •  Na OMIX de Carballedo
  •  No Departamento de Servizos Sociais de Cerdedo

Prazo de pre-inscrición: ata o 21 de xuño
*Inscricións por orde de achega ata cubrir prazas. Terán prioridade os menores empadroados no Concello de Cerdedo-Cotobade.

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR UNHA VEZ CONFIRMADA A PRAZA

Unha vez confirmada a praza dende o Concello mediante sms cada participante deberá achegar, no prazo de 3 días, a seguinte documentación:

    •  Fotocopia do DNI do pai/nai/titor/a
    •  Fotocopia da tarxeta sanitaria
    •  Xustificante de pago

INFORMACIÓN

  • Na Oficina OMIX – sede Carballedo Tfno.: 986760001 ext 3
  • No Dpto. Servizos Sociais – sede Cerdedo Tfno.: 986753006
  • www.cerdedo-cotobade.gal

DESCRICIÓN

O Programa “Concilia Verán”  ofrece unha alternativa educativa e de lecer para nenos e nenas de 4 a 12 anos ao tempo que propician a conciliación da vida familiar e laboral na época estival.

ACTIVIDADES

Na súa programación inclúense actividades divertidas e educativas que combinan o xogo con actividades creativas, deportivas e de reforzo da lingua galega e inglesa, fomentando o traballo en grupo, a educación en valores e hábitos saudables.

TIPO DE ACTIVIDADES


Xogos de agora e de sempre : tradicionais, populares, musicais, cooperativos, língüisticos…

Actividades deportivas e psicomotrices: Carreiras, saltos, equi librios, relevos, mini partidos…

Xogos en gran grupo: de pistas, procura do tesouro, festa da auga.

Obradoiro: Cociña, pintura, barro, experimentos, papiroflexia, maquillaxes…

Actividades lúdicas en galego: Para o reforzo da lingua a través de xogos de vocabulario, expresión oral, contos para traballar a escoita activa, cancións…

Animación á lectura: lectura de contos, contacontos , teatriños…

Modulo de actividades Somos Iguais

Saídas: roteiros pola natureza e visitas a centros de interese da contorna.