PROGRAMA 2026 BENESTAR EN BALNEARIOS

Un programa pensado para seguir gañando en saúde e calidade de vida, a través dos coidados e dos beneficios das augas termais

EN QUE CONSISTE?
Estadías de 10 días e 9 noites en réxime de pensión completa -inclúe aloxamento, almorzo, xantar e cea- a escoller entre 15 balnearios de Galicia, con quendas dispoñibles entre xullo e decembro de 2026.

O programa inclúe os tratamentos termais prescritos polo persoal médico do balneario, así como as actividades de animación sociocultural de cada establecemento.

A QUEN VAI DIRIXIDO?
O programa está dirixido a persoas maiores de 60 anos residentes en Galicia, así como a persoas pensionistas maiores de 55 anos.

Poderase asistir cun acompañante. Ademais, no caso de ter un fillo ou filla cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, este tamén poderá participar.

As persoas participantes deberán valerse por si mesmas para realizar as actividades básicas da vida diaria.

CAL É O PRAZO DE INSCRICIÓN?
Do 27 de maio ao 26 de xuño de 2026, ambos incluídos.

CANTO CUSTA?
As tarifas están subvencionadas pola Xunta de Galicia, polo que o programa ofrece prezos reducidos que oscilan entre os 31 e os 44 euros por noite, segundo o establecemento escollido.

Pode consultar os prezos no listado incluído ao final deste documento.

COMO CONFIRMAR A RESERVA?
Cando se reciba confirmación da concesión da praza, débese contactar co balneario para reservar a quenda a través dun depósito de 30 euros. O restante aboarase á chegada.

 

Balnearios Dispoñibles