Subvención para Ampliar E Diversificar a OFERTA CULTURAL

SUBVENCIÓNS PARA AMPLIAR E DIVERSIFICAR A OFERTA CULTURAL EN ÁREAS NON URBANAS TERRITORIO CULTURA

De conformidade co disposto nos artigo 23 j) da Resolución do 3 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas Territorio Cultura ao abeiro dos fondos de NextGenerationEu e o Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) número 2021/241 e se convocan para o ano 2023. (Código de Procedemento CT404F)

 

Resolución de concesión de subvención ditada polo Presidente do Consello Reitor da Agadic ao
abeiro, no expediente CT404F.2023.C2.13 :

 

OBXECTIVOS DO PROXECTO. CAPACIDADE DE INNOVACIÓN E TRANSFORMACIÓN

• Valorar o patrimonio musical do Concello coma unha fonte de riqueza, un recurso sen explotar.
• Dar a coñecer entre a veciñanza e os visitantes un ben cultural representativo e identitario de toda Galicia.
• Amosar a evolución da música: desde a música tradicional ata os novos artistas renome-.
• Sensibilizar e formar á poboación local e foránea, e garantir así a longo prazo a valoración do patrimonio musical e cultural para a súa conservación.
• Aumentar o interese polo consumo de bens culturais entre a cidadanía, especialmente por parte das persoas maiores
• Maior participación de tódolos estratos sociais en actividades culturais
• Promover a implicación de todo o tecido asociativo do concello.
• Valorar as sabedorías populares dos/as nosos/as maiores, coma un patrimonio tamén para protexer.
• Potenciar os recursos culturais e turísticos de Cerdedo-Cotobade. Creando unha actividade asociada co turismo cultural de calidade na zona, de xeito que beneficie o desenvolvemento da poboación próxima.
• Servir de referente para o coñecemento desta contorna privilexiada.
• Crear unha actividade cultural que sirva como elemento integrador da sociedade rural e a urbana por medio de visitas e viaxes dende Pontevedra cara Cerdedo-Cotobade.
• Crear un sinal de identidade da veciñanza e dos mozos e mozas que habitan Cerdedo-Cotobade en xeral. Que sintan o seu patrimonio co orgullo que produce a súa contribución á historia e que represente unha conxunción entre o presente e o pasado.
• Contribuír coa oferta cultural que converta ao municipio nun reclamo turístico
• Promocionar os valores artísticos do concello
• Colaborar con institucións de carácter social-veciñal e con asociacións para o fomento da cultura e para a difusión do proxecto

Resolución